Orgulloso do galego

O pasado día 15 celebrouse a Gala por excelencia do cine español: os Premios Goya. Todo o mundo, quen máis ou quen menos, ten visto algunha ou moitas das películas alí propostas e, nos días seguintes, ten comentado coas amizades ou cos compañeiros sobre se esta “peli” estaba ben ou se aquel premio estaba mal.

Mais na Galiza, e noutros mundos fóra dela, moita xente estaba a laricar sobre a intervención de Luís Tosar. Si ho!  O Tosar, xa sabes. Aquel rapaz de Cospeito -non de Xustás, que dicía el-, que estudou no Feminino de Lugo, que debecía por facer Teatro polas tardes, o de “Mareas Vivas”.

Non se falaba tanto do premio -todo aquel que viu “Celda 211”  tiña claro que ía gañar por goleada- como de que ao final da súa intervención pronunciou unha parte dos agradementos á súa xente en Galego. Nos momentos en que hai unha certa controversia sobre o papel das linguas -da nosa lingua-, el tivo a ousadía de empregar esta lingua que aínda resiste, en toda unha gala do cine español. En horario  de “prime time”; que se di así, seica.

Mais o mellor de todo sabedes que foi? Que alí estaban o noso Presidente da Comunidade Autónoma e o seu Conselleiro de Cultura. Unha mágoa que como eles non tiveron premio, non os sacaron na tele. Non por nada, tan só por ver a cara que poñían fronte á devandita intervención lingüistica.

Aquí podes ve-lo vídeo, se é que aínda non o viches.

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/JyXT-kL4vu0" width="500" height="400" wmode="transparent" /]

Advertisements