Promoción 2011: ata sempre…

Remata xa este curso para os alumn@s/compañeir@s de 2º de BAC. Este é, polo tanto, un bo momento para lembrar instantes que sempre estarán presentes nos nosos recordos e tamén nos vosos, esperamos.

Vaia este pequeno agasallo, en forma de video, con nosos mellores desexos no porvir que agora agroma. Ata sempre…

Download

Advertisement

Domingo Villar e “A praia dos afogados”

Hoxe vén de coñecerse como esta obra –A praia dos afogados– de Domingo Villar, que moitos tedes lido e que se atopa na nosa biblioteca é unha das 7 obras finalistas do premio Dagger. Este é, seguramente, o premio máis afamado  a nivel internacional sobre a temática centrada na chamada novela negra.

Con esta nominación, que se resolverá a finais do mes de xullo, recoñécese o labor e a escrita deste autor en galego e mais tamén da súa tradutora ao inglés, Sonia Soto. Xa foi unha obra varias veces premiada (por exemplo en 2010, pola Federación de Libreiros de Galiza) e que tamén foi traducida ao castelán sendo tamén moi recoñecida.

Dende aquí desexámoslle sorte con este galardón tan importante.

Lois Pereiro-2

A través do “Caderno da lingua“, un dos blogues máis innovadores de Lingua Galega, vimos un video-documental sobre Lois Pereiro no que amigos, e persoas que compartiron con el moitas situacións, falan do seu valor como poeta e do seu percorrido vital. Como curiosidade, cabe engadir que tamén aparece Xosé Manuel Pereiro, irmán de Lois, actual Presidente do Xornalistas de Galicia, e periodista colaborador en “El País”. Tamén aparecen Antón Losada, periodista tamén coñecido, e Menchu Lamas e Antón Patiño -quizais os artistas galegos máis recoñecidos internacionalmente-, entre outros.

O vídeo titúlase “As armas da paixón“, dura uns 15 minutos e está realmente ben. É unha achega máis a este autor.

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/qxFIs2z_dsw" width="500" height="400" wmode="transparent" /]

Correlingua 2011

Falta pouco xa para a “carreira a prol da lingua“, o Correlingua, que se está a celebrar tódolos anos por estas datas. Comezou o día 2 en Compostela e ata o día 13 percorrerá toda Galiza, animada polos berros da xente nova. O lema deste ano segue a idea dun verso de Uxío Novoneira, o autor conmemorado o ano pasado no “día das Letras Galegas”, que di así: “Galego: a forza do noso amor“.

Este ano o noso Centro tamén participará e o día 11, xuntarase con moitos outros aquí en Lugo para unha gran festa na que se espera contar durante estes días con 45.000 rapaces e rapazas que proclaman un futuro para a nosa lingua. Parabéns.

Exposición de “Xornais do mundo”

Recentemente celebrouse unha exposición sobre as principais cabeceiras editoriais do mundo. Así, presentáronse exemplares de periódicos chineses, xaponeses, turcos, rusos, cubanos ou hondureños. Aparecían de moitas orixes, escritos en moitas linguas e con moitos alfabetos tamén. Para que vos lembredes dela, o Equipo da Biblioteca, recreou a seguinte presentación.

ligazon

[kml_flashembed movie=”” width=”500″ height=”400″ wmode=”transparent” /]

EXPOSICIÓN