Entroido 2012

Aquí temos o resultado da celebración do Entroido no noso IES. Desta volta houbo unha maior participación e apareceron concursantes tanto individuais como por grupos. A montaxe realizouse coas fotos que mellor presenza tiñas pois houbo moitas máis pero estaban movidas ou con tal cantidade de xente non se distinguía gran cousa. De tódolos xeitos, desfrutade, de novo do pase.

[kml_flashembed publishmethod=”static” fversion=”8.0.0″ movie=”http://bibliolucus.blogaliza.org/files/2012/02/Entroido-2012-1.swf” width=”500″ height=”350″ targetclass=”flashmovie”]

Get Adobe Flash player

[/kml_flashembed]

A música é Open Source e no remate do carrusel están os créditos, para quen lle guste o “ruído“.

 

Advertisement

24 de febreiro. Día de Rosalía

Rosalía

A proposta do Consello Asesor do Libro, órgano contemplado na Lei do Libro e da Lectura (2006),  marcouse a data do vindeiro 24 de febreiro como o DÍA de ROSALÍA, por ser o 175 aniversario do nacemento da nosa poetisa máis importante. É unha data importante para promover o interese pola nosa literatura e pola nosa lingua, que falta fai. Así, múltiples e variadas agrupacións de todo tipo -concellos, asociacións de escritores, bibliotecas escolares e bibliotecas públicas etc.- organizan diferentes eventos por todo o país.

De todas estas, destaca a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), que anima nesta data a conmemorala mediante o agasallos dun libro en galego e flores. Quen sabe, se cadra comeza a ter pulo e chega a ser unha cita tan relevante coma a do día de San Xurxo para os cataláns.

Tamén o noso Centro fará súa a conmemoración. Así, como se ve no cartel, haberá ás 10’30 unha lectura pública no noso Salón de Actos.