Plan Lector: Departamento de Física e Química

O Departamento de Física e Química acaba de adquirir catro pequenas novelas cuxa lectura recomenda a todos os alumnos, non só aos que cursen física, dado o seu carácter divulgativo.

Os dous primeiros títulos son de Sonia Fernández-Vidal, doutora en Física Cuántica, que naceu en Barcelona en 1978,  e traballou nos centros máis importantes do mundo no seu campo. A súa paixón por divulgar a ciencia a todos os públicos levoulle a escribir estas dúas novelas e a participar en numerosas charlas divulgativas. Neste sentido, ao final da nota podedes ver un pequeno vídeo de 15 minutos titulado “Que é a física cuántica?”, no que Sonia explícanolo dunha forma apaixonante e ao alcance de calquera.

 “La puerta de los 3 cerrojos de Sonia Fernández-Vidal (ed. A Galera. 2011), con 200 páxinas. Saíu hai un ano e xa foi traducida a 11 idiomas. É unha novela de aventuras nas que algúns estraños fenómenos cuánticos (propios do mundo subatómico) maniféstanse de xieto habitual na vida do protagonista, como o efecto túnel, estar en dous sitios á vez ou a teleportación. A probabilidade de que estes fantásticos fenómenos ocorran na vida real é moi pequena, pero é certo que poden ocorrer.

 Quantic love tamén de Sonia Fernández-Vidal (ed. A Galera. 2012), con 235 páxinas, escrita orixinalmente en inglés (aquí está en castelán). O seu protagonista, que acaba de terminar 2º de Bacharelato, pasa o verán no CERN (o centro de investigación máis avanzado do mundo) e, como indica a contraportada do libro, entre experimentos científicos que desafían a imaxinación a moza Laila descobre que a ciencia pode ser sexy e que o amor é a enerxía máis poderosa do Universo.

Os outros dous libros son os seguintes:

Nikola Tesla. Vida e descubrimentos do máis xenial inventor do século XX de Massimo Teodorani, astrofísico italiano (ed. Sirio. 2011), con 127 páxinas. A unidade da intensidade do campo magnético chámase tesla (T) en honra a este científico, que foi un xenio incomprendido e non recoñecido durante moitos anos. Ademais de numerosos inventos como as lámpadas fluorescentes, a radio, o radar,? ás veces atribuídos a outros científicos, a Tesla debémoslle a corrente alterna que é a que se usa hoxe día nas casas, industrias e todo tipo de máquinas, facéndonos a vida máis confortable. O libro contén un glosario onde explica os termos científicos empregados.

“Relámpagos” de Jean Echenoz, novelista francés (ed. Anagrama. 2012), con 150 páxinas. É unha ficción, sen pretensións biográficas, baseada na vida, obra e problemas do científico Nikola Tesla. O protagonista, Gregor, nace pola noite no medio dunha violentísima tormenta eléctrica, xa de maior emigra a USA e como enxeñeiro eléctrico inicialmente colabora e logo supera ao excesivamente famoso Edison, nada detén o frenesí inventor de Gregor.

Aquí tedes o video, realizado orixinariamente para un programa na 2 da Televisión Española:

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s