170 aniversario do noso IES

IES “Lucus Augusti celebra hoxe o seu 170 aniversario que o coloca coma o máis antigo da Galiza e un dos 10 máis antigos de España. Por tal motivo haberá un acto académico que tamén servirá de apertura para unha Exposición de diversos materiais sobre o Lugo de 1942.

Nos vindeiros días publicarase, aquí no blogue, un carrusel de fotografías sobre os fondos máis salientables. Mais para ir abrindo boca, tamén pódese acudir á fotogalería -5 imaxes- que publica o xornal “El Progreso para cubri-la noticia.

 

 

Advertisement

25 de novembro: Día contra a violencia de xénero (III)

Esta man é que mellor representa o espírito da conmemoración adiantada ao pasado venres 23, do “Día contra a violencia de xénero“.

Tamén, temos que destacar entre os actos e actividades organizados no Centro para a súa conmemoración, a “performance”  realizada no vestíbulo, na que gran parte do alumnado e do profesorado ergueron as súas mans pedindo o cese da violencia contra as mulleres.  Colocáronse, tamén, mans de cores en diferentes dependencias e realizáronse diferentes narracións das que escolmaremos en breve aquelas máis orixinais. De momento, podedes ver unha animación onde aparecen varias desas actividades.

[kml_flashembed publishmethod=”static” fversion=”8.0.0″ movie=”http://bibliolucus.blogaliza.org/files/2012/11/25-novembro-Presentation2.swf” width=”500″ height=”400″ targetclass=”flashmovie”]

Get Adobe Flash player

[/kml_flashembed]

25 de novembro: Día contra a violencia de xénero (II)

Xa están aparecendo no noso Centro diferentes actividades, organizadas por departamentos e por titorías, para conmemorar o Día no que se quere facer unha chamada á concienciación para desbotar a violencia de xénero da nosa sociedade. Nós tamén queremos deixar o noso gran.

Así, mirando pola arañeira (internet), vimos unha campaña que organiza a Deputación de Sevilla, que nos chamou a atención porque nun cartel se chamaba á complicidade de todos para facer fronte a estes sucesos. A denuncia destas situacións prodúcese sempre cando o fenómeno xa está avanzado, pero no que debemos traballar é nunha maior concienciación para que non se produza. O cariño é unha arma moi poderosa (“all you nead is love“, dicían  The Beattles).

Así, a partir dun cartel, creamos esta animación para contribuír á conmemoración.

[kml_flashembed publishmethod=”static” fversion=”8.0.0″ movie=”http://bibliolucus.blogaliza.org/files/2012/11/25-novembro-violencia-xenero.swf” width=”500″ height=”400″ targetclass=”flashmovie”]

Get Adobe Flash player

[/kml_flashembed]

25 de novembro: Día contra a violencia de xénero (I)

Foi a Asemblea Xeral da ONU quen o 17 de decembro de 1999 aprobou que cada 25 de novembro se celebrara o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller, a proposta da República Dominicana, en memoria das irmás Mirabal, e que contou co apoio inmediato de 60 países para, finalmente, ser aprobada pola devandita Asemblea Xeral.

Así, a maiores doutras actividades que se veñen celebrando no Centro, e das que daremos puntualmente información, dende a Biblioteca queremos sumarnos ofrecendo unha escolma de recursos que poden ser empregados durante estes días.

Para o 1º Ciclo: recomendamos a visión da curtametraxe “Amores que matan” realizado por Icíar Bollaín, no ano 2000, cunha duración de 20 minutos e que pode servir para realizar con posterioridade un debate sobre os temas que alí aparecen e, mesmo un pequeno traballo sobre as características dos personaxes que alí interveñen e sobre se nos vemos representados neles ou coñecemos a alguén da nosa contorna que se nos asemellara.  Podemos ver a curtamentraxe a continuación.

 

 

  • Para o 2º Ciclo: pódese ver a película “Te doy mis ojos“, curiosamente da mesma directora, realizada en 2003 onde explora, xa en formato de ficción, mais tamén cun certo aire documental, o mesmo tema. Premendo no título poderás ver a ficha técnica da película e unha pequena sinopse. O DVD, pódese pedir prestado na Biblioteca, e pódese acceder a materiais didácticos sobre a película en educarenigualdad.org , edualter.org entre outros

 

  • Para BAC: a mesma película e como complemento, un artigo titulado “Amores que matan“, publicado no xornal “El Mundo” en 1998 (efectivamente, hai 14 anos xa existía este problema), onde se fai unha reflexión naquel momento sobre como as diferentes vías para enfocar unha posible solución. Pódese facer unha valoración sobre se no momento actual, se adoptaron ou non as formulacións que alí aparecen e se, a curto prazo, se albisca a súa superación.

Visita ao xornal “El Progreso”

Os alumnos de 3º e 4º da ESO realizaron en diferentes quendas unha visita ao xornal local “El Progreso“. A visita enmárcase tanto nos actos do 200 aniversario do xornal que facilita a visita e acceso ás súas instalacións e a realización dalgunha práctica do traballo de periodista, como co 170 aniversario da fundación do noso IES.

Nesta ocasión o noso alumnado incluso puido simular o traballo de realización de creación de noticias e subilas á “primeira plana” do xornal como se pode ver na imaxe seguinte (fixádevos na noticia da parte inferior).

Exposición “Material escolar antigo”: IV

O prometido é débeda. Tras ímprobos esforzos, aquí temos o carrusel coas imaxes máis chamativas da exposición. Atoparedes, trebell0s antigos de escritura, libros de relixión, de “urbanismo”, imaxes de educación física e a campá do bedel que chamaba ás clases. Todo bastante curioso. Non si?

 

[kml_flashembed publishmethod=”static” fversion=”8.0.0″ movie=”http://bibliolucus.blogaliza.org/files/2013/03/Material-escolar-antigo.swf” width=”500″ height=”350″ targetclass=”flashmovie”]

Get Adobe Flash player

[/kml_flashembed]

Exposición “Material escolar antigo”: III

A Exposición que temos no vestíbulo do noso Centro sobre material escolar antigo segue a ter repercusión, máis aló dos muros do instituto. A pasada semana estivera aquí un equipo da TVG rodando unha pequena reportaxe para mostrar no programa “Revista da Fin de Semana.

No vídeo que se presenta a continuación, podedes ver o que se emitiu para toda Galiza no citado programa, no que interveñen dúas profesoras e dous alumnos, e no que tamén hai unha imaxes dalgúns dos fondos que pertencen á nosa Biblioteca Histórica.

Noutra nota anterior, tamén poñiamos algunha imaxe dunha reportaxe feita polo xornal “El Progreso” cando comezara esta exposición e tamén pasou por aquí “La Voz de Galicia” pero non puidemos pór nin tan sequera a ligazón porque é unha das páxinas de pago; o que indica a relevancia da noticia que ocupara 2 follas enteiras na edición do domingo 28 de outubro.

Todo isto, é a preparación para a Exposición central deste curso no que se conmemorará o 170 aniversario da fundación do noso Centro que é, por tanto, o máis antigo da Galiza, e un dos dez máis antigos de España, e que dará comezo a finais deste mes.  Non cabe dúbida de que se están quentando os motores para ese momento.

(Nota: para ver o vídeo, hai que premer na parte central da imaxe. Se aparece se son, hai que premer outra vez. Cousas da técnica).