25 de novembro: Día contra a violencia de xénero (I)

Foi a Asemblea Xeral da ONU quen o 17 de decembro de 1999 aprobou que cada 25 de novembro se celebrara o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller, a proposta da República Dominicana, en memoria das irmás Mirabal, e que contou co apoio inmediato de 60 países para, finalmente, ser aprobada pola devandita Asemblea Xeral.

Así, a maiores doutras actividades que se veñen celebrando no Centro, e das que daremos puntualmente información, dende a Biblioteca queremos sumarnos ofrecendo unha escolma de recursos que poden ser empregados durante estes días.

Para o 1º Ciclo: recomendamos a visión da curtametraxe “Amores que matan” realizado por Icíar Bollaín, no ano 2000, cunha duración de 20 minutos e que pode servir para realizar con posterioridade un debate sobre os temas que alí aparecen e, mesmo un pequeno traballo sobre as características dos personaxes que alí interveñen e sobre se nos vemos representados neles ou coñecemos a alguén da nosa contorna que se nos asemellara.  Podemos ver a curtamentraxe a continuación.

 

 

  • Para o 2º Ciclo: pódese ver a película “Te doy mis ojos“, curiosamente da mesma directora, realizada en 2003 onde explora, xa en formato de ficción, mais tamén cun certo aire documental, o mesmo tema. Premendo no título poderás ver a ficha técnica da película e unha pequena sinopse. O DVD, pódese pedir prestado na Biblioteca, e pódese acceder a materiais didácticos sobre a película en educarenigualdad.org , edualter.org entre outros

 

  • Para BAC: a mesma película e como complemento, un artigo titulado “Amores que matan“, publicado no xornal “El Mundo” en 1998 (efectivamente, hai 14 anos xa existía este problema), onde se fai unha reflexión naquel momento sobre como as diferentes vías para enfocar unha posible solución. Pódese facer unha valoración sobre se no momento actual, se adoptaron ou non as formulacións que alí aparecen e se, a curto prazo, se albisca a súa superación.
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s