O neno can

 

Hoxe recomendamos esta obra que está no expositor de novidades. É un libro publicado pola Editorial Galaxia, e que foi escrito por Fina Casalderrey xunto con Francisco Castro, e ilustrado deliciosamente por Patricia Castelao.

Nel cóntannos diferentes historias que teñen un nexo común, que é o de pór nun primeiro plano os dereitos dos nenos e nenas doutras partes do planeta onde, ás veces, a expresión “dereitos humáns” non ten ningún significado.

Se isto non fora suficiente por si mesmo, tamén aproveitamos para felicitar á autora polo seu recente nomeamento como académica na Real Academia Galega, pois con ela entra tamén a relevancia que na nosa lingua ten a Literatura Infantil e Xuvenil.

Finalmente, aquí tedes un video da canle de TV “Espazo Lectura, no que os autores falan de como xermolou o proxecto de “O neno can“. Que o desfrutedes.

Advertisement