Recomendacións do Departamento de Música

Presentámosvos as recomendacións do Departamento de Música para que vaiades lendo até o remate do curso. As lecturas están estruturadas por niveis e, incluso, aparece algún título para aqueles que estades a estudar con Conservatorio. Para poder ver o boletín enteiro, preme na imaxe.

Presentación de libro

Despois dun días de parón, por causas alleas á organización, como se adoita dicir, voltamos cunha nova interesante. Organizado polo Instituto de Estudos Chairegos de Vilalba, un profesor do noso IES, Xosé Otero Canto, presentará hoxe ás 20’ooh., na Galería Sargadelos o seu novo libro de poesía titulado “Poética da viaxe (12 horas de poesía)“. Este poemario xorde da experiencia a partir da inspiración durante unha longa viaxe na que cruzou a península.

Chégannos…frescas

Chégannos un feixe de novas da Librería Biblos, para os vindeiros días.

  • Así,o venres 12 ás 19’oo h. haberá un contacontos de balde para cativos de infantil e primaria.

 

 

 

 

 

  • E de seguido, ás 20’00 h. faise a presentación en Lugo da novela de Xosé Mª LemaCosta do solpor“, editada por Xerais. O acto contará tamén coia participación, a maiores do autor, de Primitivo Iglesias e de Manuel Bragado , director da editorial. Esta obra, finalista do “premio Xerais”, conecta a novela tradicional de aventuras como “A illa do tesouro” coa xeografía galega da Costa da Morte.

 

 

 

O martes 16 de abril, ás 20’15h. , haberá un acto no que  se contará con Xesús Alonso Montero, antigo profesor do noso centro, e un dos actuais candidatos á Presidencia da Real Academia Galega. No acto, tamén participarán os poetas lucenses Claudio Rodríguez Fer Carmen Blanco.



Semana da Prensa-2013

Rematada xa a Semana da Prensa, e despois de tantos exames e avaliacións, chega o momento de facer balance da actividade deste curso. Este ano, coma o pasado, contamos coa inestimable colaboración de José Manuel Freire, redactor xefe do periódico local “El Progreso“, que propuxo a realización dun taller sobre os medios de comunicación, e nos que se traballou na creación de varios blogues nos que o alumnado de 3º ESO participante, seleccionou titulares de varios medios de comunicación. Durante toda a semana, levouse a cabo a recompilación de titulares para posteriormente pasar a un debate no que se deu a coñecer como se “fabrican” noticias (caso da falsa morte de Chávez, adiantada polo xornal “El País”, que pasou de primicia a un fiasco enorme, tamén dende o punto de vista económico, pois supuxo retirar dos quioscos unha enorme cantidade de exemplares xa dispostos para a venda), como evolucionan outras novas de grande actualidade estes días: asunto Bárcenas, ou asunto Urdangarín, por exemplo.

Tampouco faltou unha reflexión sobre como evolucionou a profesión de periodista por mor da aplicación das tecnoloxías actuais. Aquí tedes o carrusel, no que se amosa o comezo do taller, o debate e a clausura, no que o noso convidado foi obsequiado cun pequeno agasallo.

[kml_flashembed publishmethod=”static” fversion=”8.0.0″ movie=”http://bibliolucus.blogaliza.org/files/2013/04/Semana-da-prensa-marzo-2013.swf” width=”470″ height=”350″ targetclass=”flashmovie”]

Get Adobe Flash player

[/kml_flashembed]

Tamén no xornal “El Progreso” se fixeron eco do taller e da colaboración entre ese medio de comunicación e o noso centro, a través dun pequeno avance titulado: Mozos ben informados. Podedes velo aquí.