Enquisa para a fin do curso

Estamos a piques de chegarmos á fin do curso polo que chega o momento de ir facendo balance. Moito mudou a nosa Biblioteca e seguimos con novas ideas para pór en marcha no vindeiro curso. Por iso, para ofrecervos un mellor servizo, deseñamos unha sinxela enquisa para que, anonimamente, se queres, nos fagas chegar as túas suxestións e puntúes o realizado ata este momento. Igual có ano pasado, imos empregar o mesmo procemento  pois funcionou ben.

Os usuarios son a parte máis importante de todo este proceso que comezou hai pouco tempo; e os usuarios deben colaborar, participar, aprender, suxerir e, mesmo, avaliar. Para poder facer isto último tan só debes premer na imaxe que está aí abaixo e cando saia o cuestionario -tardarás menos de dous minutos- ler os enunciados e picar na puntuación que che pareza mellor. A nós vainos servir para comezar o vindeiro curso, con máis folgos e máis ideas. Ánimo e a participar.

Imaxe votar

Advertisements

Conferencia: “A muralla cohabitada”

Con motivo da proximidade do “Arde Lucus“, na Librería Biblos, organizan unhas xornadas os vindeiros días 12 e 13 de Xuño, mércores e xoves desta semana, ás 20,15 horas, nas que, collendo como referencia o libro do fotógrafo lucense Xosé Reigosa, que leva por título A Muralla Cohabitada,  durante esas dúas cornadas intervirán diferentes persoeiros vencellados ao mundo cultural e artístico da nosa cidade, todos eles retratados no libro de Reigosa, que fará de moderador da charla-coloquio. Desde diferentes perspectivas e puntos de vista multidisciplinares, presentarán diversas achegas ao significado e a aquilo que representa a Muralla Romana para todos os galegos e, especialmente, para os e as lucenses.

Sen dúbida, unha gran iniciativa da que dende a Biblioteca nos facemos eco e á que invitamos a todos vós.