24 Outubro: Día das bibliotecas

Coma tódolos anos, o vindeiro venres 24 de outubro, conmemórase o Día das Bibliotecas. Como se indica no comunicado de ANABAD (Asociación de Bibliotecarios, Arquiveiros e Documentalistas) quizais non haxa moito que celebrar porque neste contexto de crise, non só económica, a situación está mal. De tódolos xeitos, é un día para sacar peito e afouteza e continuar.

Este ano adícase á escritora española Ana María Matute, recentemente falecida e a súa imaxe é a protagonista no cartaz de Carme Solé que tamén inclúe o pregón de Antonio Rodríguez Almodóvar (para podelo ler en mellores condicións, preme na imaxe do cartel). Múltiples institucións estatais participan na conmemoración que é organizada pola Asociación Española de Amigos del Libro Infantil y Juvenil.

día-biblioteca

Máis Premios: Nobel de Literatura 2014

Seguimos reseñando os últimos Premios Nobel. Desta volta, temos xa expostos 2 obras do Premio Nobel de Literatura 2014: Patrick Modiano. Aínda que para a maior parte da xente sexa un descoñecido, non o é non ambiente literario francés onde representaba, até este ano, ao eterno candidato que non remataba de o conseguir. Así pois, imos en primeiro lugar cunha pequena introdución sobre quen é o autor e, de seguido, un breve comentario sobre 2 das súas obras máis relevantes, que están presentes no expositor das novidades.

modianoPatrick Modiano nace en Boulogne-Billancourt o 30 de xullo de 1945. Fillo dunha actriz belga e dun home de negocios italiano, creceu entre Jouy-en-Josas e a Alta Saboya. As ausencias repetidas dos seus pais achéganno ao seu irmán maior, Rudy, que morre á idade de dez anos. Tras aprobar a selectividade, decide dedicarse plenamente á escritura. As súas primeiras obras viran ao redor da ocupación nazi e o colaboracionismo (O lugar da estrela, galardoada co Premio Roger Nimier e o Premio Fénéon, A rolda de noite e Os bulevares periféricos).

En 1978 obtén o Premio Goncourt pola Rúa das tendas escuras, unha novela na que a Segunda Guerra Mundial, e en 1984 recibe o Premio da a Fundación Pierre de Mónaco polo conxunto da súa obra. Outra obras importantes serán No café da mocidade perdida, declarada por Lire a mellor novela francesa de 2007 («Dunha beleza inaudita» en palabras da directora de cine española Isabel Coixet), e tamén a Triloxía da Ocupación (que agrupa as súas 3 primeiras novelas:  O lugar da estrela, A rolda nocturna e Os paseos de circunvalación).

triloxíaA Triloxía da Ocupación (O lugar da estrela, A rolda nocturna e Os paseos de circunvalación)) é o primeiro e máis brillante bisturí novelístico da turbiedade, a complicidade social e a fantasmagoría, do antisemitismo, o crime organizado e a festa dalgúns neste negro período do século XX francés. Concretamente do París ocupado, a súa xestación e consecuencias. Entre o delirio, o soño e a falsificación desfilan todas as pantasmas da época. Entre elas, o pai “ese eterno modianesco”, unha banda criminal que vira no seu proveito a ameaza do inimigo e a tolemia ideolóxica “retrato do soporte intelectual daqueles anos” dun xudeu antisemita.

Modiano-café

No café da mocidade perdida, é unha fermosísima novela sobre o poder da memoria e a procura da identidade. París, anos 60. No café Condé reúnense poetas malditos, futuros situacionistas e estudantes fascinados pola bohemia parisiense. E aínda que a nostalxia daqueles anos perdidos parecería ser o tema central da novela, Modiano dálle un xiro sorprendente. Porque esta é tamén unha novela de misterio. Todos os personaxes, todas as historias, conflúen na enigmática Louki. Catro homes cóntannos os seus encontros e desencontros coa filla dunha traballadora do Moulin-Rouge. Algúns a buscan, outros a aman, e para case todos eles a moza encarna o inalcanzable obxecto do desexo.

A obra de Modiano caracterízase por un tono directo dotado dunha gran beleza; atende á memoria histórica, mais tamén á súa historia persoal; e ten  no París da Segunda Guerra Mundial non só o escenario para as súas historias, senón que a cidade tamén se converte nun dos principais personaxes. Este gran autor, dunha estremada sensibilidade, describe nas súas ficcións a procura da propia identidade, que oscila entre o recordo desgarrador e a tentación da amnesia benéfica. Recibe o Premio Nobel de Literatura 2014.

(Fontes: Anagrama-ed.es e Casadellibro.com)

Para saber máis: http://cultura.elpais.com/cultura/2014/10/09/actualidad/1412852792_619343.html 

(Nota final: seguimos á espera de poder ofrecer estas 2 obras. Infórmannos da librería que se están reimprimindo, polo que en breve disporemos delas. Cando cheguen avisaremos).

Malala, Premio Nobel da Paz 2014

Retomamos o ritmo no blogue cunha nova recente de gran relevancia: o comité noruegués dos Premio Nobel, concederon o Nobel da Paz 2014 a Malala Yousafzai e ao hindú  Kailash Satyarthi.

A historia de Malala xa é bastante coñecida. Cando tiña 12 anos (2009) e os talibáns ocuparon o val do Swat  onde vivía en Paquistán, unha das primeiras medidas que adoptaron foi a de prohibir que as nenas poideran seguir indo á escola. moitas das súas compañeiras deixaron de facelo, por temor, mais ela continuou acudindo. como consecuencia foi tiroteada na face polo que tivo que ser operada varias veces en Gran Bretaña. A pesar de todos os problemas continua defendo o dereito das nenas a recibir educación en igualdade de condicións cós rapaces. De seguido, premendo na imaxe, podes ver un vídeo, gravado pouco despois de ser atacada, onde manifesta o seu compromiso con esa idea.

malala-video

O ano pasado, presentou xunto con Christina Lamb o libro “Yo soy Malala“, onde explica a súa curta vida. Como con 11 anos comezou a traballar como “blogueira” para a BBC e como era a súa vida en Paquistán antes e despois da chegada dos talibáns e sobre a defensa dos seus dereitos. Un interesante libro, real, sobre unha experiencia vital enormemente vibrante, que podes ver presente nos andeis da nosa biblioteca.

malala

Tamén fora moi comentada a súa intervención perante a Asemblea Xeral das Nacións Unidas nas que fixo unha intervención en defensa dos dereitos da infancia e do dereito á educación.

As palabras do Secretario Xeral da ONU, referidas a ela, deberían servir para nos facer reflexionar sobre a importancia da educación: “Os estremistas demostraron que é o que máis temen: a unha nena cun libro“.