Matriarcas

Non puidemos resistilo. Temos que colocar este vídeo no blogue. É un adianto do que será o segundo disco de Guadi Galego, titulado “LÚAS DE OUTUBRO E AGOSTO“. É a homenaxe que Guadi Galego fai as mulleres. Ás de verdade, non ás que saen no “Pronto” ou no “Sálvame”. Á miña nai, á túa irmá, á súa avóa, á noiva, á amiga. É a beleza e o sentimento. Nunca mellor ca hoxe. Ten sentido.

Desfrutádeo.

Advertisement

O maltrato nin en pintura

Con este título, presentamos este ano a conmemoración do “Día Internacional contra a violencia de xénero“. Entre o material ofrecido está un vídeo que fai referencia á exposición do vestíbulo titulada “O maltrato nin en pintura“.

En principio, estes recursos serían válidos para calquera nivel tanto da ESO como de BAC. O método que se propón para traballar na aula, consistiría en que os grupos pasaran a ver as láminas e escribiran no seu caderno o que lles suxiere cada unha das obras. Posteriormente, pódese realizar un debate entre o que escribiron e interpretaron e os pequenos comentarios de cada lámina que aparecen no guión posterior. O profesor ou profesora, dependendo do grupo e da súas conclusións, poderán moderar o debate no sentido que estimen como máis axeitado.

  • Contamos co vídeo do expositor coas láminas de arte:
  • E co guión con comentarios curtiños explicando o sentido das láminas dende o punto de vista artístico e cultural (para descargalo, preme na imaxe):

Que ves-imaxe

  • Aqui temos a versión extendida do mesmo vídeo coas láminas de pintura, mais tamén se lle engadiron frases e viñetas actuais:

 A maiores, en niveis superiores, tanto 2ºciclo da ESO como en BAC, pódese traballar sobre materiais máis específicos e que esixen unha maior capacidade de reflexión. Así, ofrécese un 2º guión, no que nunha listaxe se recollen tódalas vítimas do ano 2013, cun pequeno comentario das circunstancias do feito. Hai tamén un mapa por provincias no que se pode puntuar os lugares, e unha táboa de datos no que se indican a distribución por comunidades autónomas e unha gráfica na que aparecen reflectidas as vítimas anuais dende 1999 até o 2013 (para descargalo, preme na imaxe):

Gráfica vítimas

Finalmente, dúas ligazóns de onde se tirou gran parte da información e que se poden empregar para facer unha análise máis ampla:

Foro de Filosofía en Lugo

Durante os días 12, 13 e 14 deste mes, na nosa cidade vaise celebrar o III Foro de Filosofía, organizado polo Grupo Doxa coa colaboración do Departamento de Cultura da Deputación de Lugo. Este ano o motivo das conferencias se agrupa no lema “Ética e capitalismo” que resulta moi axeitado considerando as actuais circunstancias económicas e políticas nas que a unha crise económica, que aínda non sabemos se estamos en proceso de saída, engádese unha certa crise social e política, como podemos ver nos últimos procesos xudiciais.

As conferencias, unha cada día, levaranse a cabo no Refectorio do Museo Provincial ás 20’oo. Se queres máis información, sobre os intervintes podes descargar o tríptico de información premendo na imaxe.

 Foro filosofia