Os rapaces da Librería Biblos veñen de nos informar do acto que se celebrará alí o vindeiro sábado. Teñen a presentación do último libro do periodista lucense nado en Mosteiro (Pol), Fernando Ónega, que se titula “Juan Carlos I. El rey que pudo reinar.” Trala presentación do libro, abrirase un pequeno coloquio no que o escritor comentará as circunstancias que arrodean ao libro, escrito no momento no que o antigo monarca leva a cabo a abdicación. Sen dúbida será unha interesante xuntanza.
Mes: Marzo 2015
8 de marzo 2015
Coma tódolos anos o 8 de marzo conmemórase o “Día da Muller Traballadora“. Este ano temos moitas e moi relevantes actividades no instituto sobre esta data.
Por unha banda, un pequeno exercicio de lectura e investigación a partir de dous interesantes documentos que se poden descargar en formato .pdf, premendo no título correspondente: “Mulleres na historia da ciencia” e “As primeiras docentes de ciencias na Universidade de Santiago“. Unha vez lidos, pódense respostar as preguntas que se formulan na seguinte imaxe e proceder a un intercambio de impresións.
Pero ademais, este ano queriamos que tivera como motivo condutor a figura de dúas irmás xemelgas –Jimena e Elisa Férnández de la Vega-, aproveitando que sobre a súa figura se han levar a cabo diversas actividades durante todo este mes por parte das Concellerías de Cultura e Benestar e Igualdade do Concello de Lugo xunto coa Fundación TIC da Deputación de Lugo, o Departamento de Orientación do centro conseguiu a nosa participación nalgunhas desas actividades. que son as seguintes:
- 9 de marzo.
- Inauguración dunha Exposición divulgativa da vida, traxectoria, aportacións e obra das irmás Jimena e Elisa Fdez. de la Vega Lombán que se pode ver xa no vestíbulo.
- Charla para o estudantado de 3o e 4o da ESO das 13:25 as 14:15 h. a cargo do profesor Ricardo Gurriarán Rodríguez, sobre as dúas irmás.
- 11 de marzo.
- Charla para o estudantado de 3o e 4o da ESO das 13:25 as 14:15 h. a cargo da profesora e biógrafa das irmás Fdez. de la Vega, Ánxela Bugallo (que o mesmo día, para todo o público, ás 18’00 h. no Centro de Convivencia Uxío Novoneyra levará a cabo a conferencia “Abrindo caminos: As primeiras licenciadas“.
Son moitas cousas, das que daremos máis información nos vindeiros días, pero se queredes ter unha referencia de quen foron as dúas irmás, podes mirar nas entradas correspondenstes a cada unha delas en culturagalega.org: sobre Jimena e sobre Elisa.