SOFÍA SANTOS ULLOA TERCEIRA NO NACIONAL DE NARRACIÓN DE COCA-COLA

SOFÍA SANTOS ULLOA, na fase nacional do Concurso de Narración de Coca-Cola quedou terceira entre máis de 12.000 participantes. Recolleu o premio na sede da “Real Academia de la Lengua” en Madrid. O acto foi presentado por Luis Piedrahita e contou coa participación do presidente da Real Academia, Darío Villanueva.

Os nosos parabéns á nova promesa (xa feita realidade) das letras.

O pase de diapositivas require JavaScript.

Advertisement

Enquisa de fin de curso

Estamos a piques de chegarmos á fin do curso polo que chega o momento de ir facendo balance. Moito mudou a nosa Biblioteca e seguimos con novas ideas para pór en marcha no vindeiro curso. Por iso, para ofrecervos un mellor servizo, deseñamos unha sinxela enquisa para que, anonimamente, se queres, nos fagas chegar as túas suxestións e puntúes o realizado ata este momento. Igual có ano pasado, imos empregar o mesmo procemento  pois funcionou ben.

Os usuarios son a parte máis importante de todo este proceso que comezou hai pouco tempo; e os usuarios deben colaborar, participar, aprender, suxerir e, mesmo, avaliar. Para poder facer isto último tan só debes premer na imaxe que está aí abaixo e cando saia o cuestionario -tardarás menos de dous minutos- ler os enunciados e picar na puntuación que che pareza mellor. A nós vainos servir para comezar o vindeiro curso, con máis folgos e máis ideas. Ánimo e a participar.

Grazas. E feliz verán.

Imaxe votar

Premios “San Clemente”

Tódolos anos o IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela convoca o premio literario “Arcebispo Juan de San Clemente” que xa vai pola vixésimo primeira edición no que se escollen varias obras nas modalidades de Lingua Galega, Lingua Castelá e Lingua Estranxeira. Este premio ten a particularidade de que o xurado non son eruditos sesudísimos, nin tan sequera profesores, senón alumnos e alumnas do propio centro.

A maiores, esta edición tamén ten unha segunda particularidade que é que quixeron facer unha homenaxe aos participantes doutros anos, tanto autores premiados como membros dos xurados anteriores. Por iso, nesta edición contan coa colaboración de 4 centros do resto da Galiza, un por provincia entre os que está o noso IES. Compoñén o xurado desta edición, por tanto, o alumnado dos seguintes centros, a parte dos do propio IES convocante: o instituto Xelmírez I de Santiago, o Lucus Augusti de Lugo, o Pintor Colmeiro de Silleda e o Ferro Couselo de Ourense.

Unha vez rematada o proceso da Selectividade, pois os participantes é o alumnado de 2º de BAC, é cando se falla. E, nesta ocasión, os gañadores foron os seguintes nas 3 categorías.

Na categoría de Lingua Galega, A memoria da choiva, de Pedro Feijóo, que se impuxo a  “A lúa da colleita” de Anxos Sumai, e a “Somnámbulos” de Suso de Toro,

Na categoría de Lingua Castelá, triunfou “El impostor” de Javier Cercas, sobre “El balcón en invierno” de Luis Landero e “Así empieza lo malo” de Javier Marías.

E na categoría de Lingua estranxeira, impúxose “El testamento de María” do irlandés Colm Tóibín que tivo máis puntos que “Expo 58” de Jonathan Coe e “Barba Azul, de Amèlie Nothomb.

Recomendacións para o verán

A piques de rematarmos xa as clases, deseñamos esta nova Guía de Lecturas con recomendacións para o verán.

Como veredes hai un pouco de todo. Dende libros de ficción (“Cuatro“, da serie Diverxente), até obras que tocan a divulgación científica (“O científico que derrotou a Hitler), e dende a Banda Deseñada actual (A vitoria final) até outro tipo de ficción aparentemente máis infantil (Mortadelo ou a Historia de aquí de Forges). Tamén hai sitio para outra triloxía xuvenil, a coñecida Ámote Leo de Rosa Aneiros, e tamén para a serie negra do país (a continuación dunha das lecturas obrigatorias de galego: A praia dos afogados, unha nova aventura de Leo Caldas, escrita por Domingo Villar), e para unha autobiografía novelada sobre “O Piloto“, o derradeiro dos maquis/guerrilleiros mortos en todo o estado. Para rematar dous libros de lucenses: por unha banda, unha das nosas debilidades, o último libro do lucense Miguel Anxo Murado –La invención del pasado-, que sirve para desvelar algunhas das fantasías históricas que se espallan e son admitidas como verdade universal e pola otra, unha novela ambientada na antiga Lucus Augusti –Las hijas del César-, que vén moito a conto agora que falta pouco para o “Arde Lucus”.

Aquí queda o tríptico (non hai máis que premer na imaxe da galería onde está o selo da Biblioteca)  por se queredes botarlle unha ollada e, coma sempre, tódalas obras están no noso expositor.