Premio Nobel de Literatura 2015

Hai menos dun mes que se fallou o Premio Nobel de Literatura, que este ano foi para a periodista belorrusa Svetlana Aleksiévich. Como case tódolos anos o galardón provoca unha certa polémica pois, por unha banda, abondan os sorprendidos que non coñecen o autor ou autora galardonada e, por outra, tamén son moitos os que discrepan porque sempre teñen un candidato con máis categoría.svetlana

Evidente, esta autora é pouco coñecida en España pois só ten traducido unha obra, “Voces de Chernóbil“, editada en 2006 por Siglo XXI, e reeditada agora na editorial Debolsillo. Deixando a parte a polémica de se o Nobel debe ser para autores consagrados e coñecidos para o gran público ou se se debe espallar as literaturas menos coñecidas, hai que dicir que as liortas actuais, entre críticos, débense á faceta de periodista máis que de literata da autora.  Critícase que a súa obra é máis unha crónica que unha obra propiamente literaria.

O certo é que a autora é unha periodista pero con gran querencia polo estilo narrativo. Estes son aspectos que están presentes, tamén, nas obras doutros autores do leste europeo no que, seguramente, pola existencia de ditaduras na época comunista e poscomunista, non poden falar abertamente dos feitos e precisan dun envoltorio máis literario, como ocorría co afamado, tamén periodista e finado recentemente, Ryszard Kapuscinski, cuxas reportaxes resultan difíciles de discernir se son máis ben periodísticas ou literarias.

voces de chernobil

Dende aquí, podes descargar as primeiras páxinas dese único libro, de momento, traducido ao español  que, por certo, xa está dispoñible na Biblioteca. En Voces de Chernóbil, a autora dá voz a aqueles que sobreviviron ao desastre de Chernóbil en 1986, que rapidamente foron calados e esquecidos polo seu propio goberno. Formulado como unha traxedia grega, os protagonistas empregan a súa propia voz en monólogos que despois son coreados. A diferencia estriba en que, a diferencia da traxedia grega, ao final non hai catarse, non serestablece o equilibrio. Hoxe Chernóbil está oficialmente pechado, mais os antigos habitantes, paseniño, retornan ás súas casas sen amolarse polo medo á contaminación radiativa. Peor que o cancro é a fame.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s