Schultüte

Estes días, no vestíbulo, puidemos ver unha pequena exposición levada a cabo polo Departamento de Alemán con alumnos de 1º da ESO que comezan este ano con esa lingua. Como é ben sabida a fama do alemán, e para que se lles faga máis doce o tránsito a esta lingua estranxeira, aproveitaron a tradición da “Schultüte” para rachar con ideas preconcibidas e para lles dar a benvida.

Unha “Schultüte” (Cucurucho escolar) é un cucurucho ou cono de cartón ou cartolina chea de caramelos, doces, xoguetes e outras sorpresas para os nenos. En Alemaña, é tradición que os pais llo regalen aos seus fillos no seu primeiro día de colexio. A tradición remóntase ao século XIX, e orixinouse nas rexións de Turinxia e Saxonia. Os primeiros cucuruchos confeccionáronse na cidade de Jena en 1817, e máis tarde noutras cidades do leste alemán como Dresde e Leipzig. Este costume expandiuse por toda Alemaña a comezos do século XX.

O cucurucho está feito con cartón, papel de seda…, e adoita ser moi colorido, con adornos como debuxos ou cintas de cores. Aínda que o tradicional é que o fagan a man os pais, actualmente moitos prefiren compralo xa terminado. Na parte superior hai un anaco de tea ou papel de seda que permite pechalo cun lazo. O seu tamaño pode variar, aínda que oscila entre os 45 e os 90 cm de longo, do mesmo xeito que o seu prezo, se se compran.

Dentro da Schultüte os pais e avós, diciamos que, adoitan meter chuches, caramelos, chocolate… para que os nenos lembren o seu primeiro día de clase. Unha vez en clase e feitas as presentacións, os profes permítenlles aos cativos abrir os cucuruchos e ver as sorpresas, aproveitando para, en ocasións, compartilas ou intercambiar as chuches cos outros compañeiros. Tamén  era habitual que se lle fixese unha foto ao neno co seu Schultüte como recordo do seu primeiro día de cole. Hoxe en día, moitos pais prefiren encher os cucuruchos con cousas pequenas útiles para o cole: lapis, gomas de borrar, regras, ou rotuladores.

No noso instituto, os alumnos  de 1ºESO, fixeron esta actividade durante os primeiros días deste curso, e semella que lles gustou a actividade e xa están plenamente instalados na materia, como se pode ver. Benvid@s!!!!

output_AITRVJ

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s