O relato premiado de Sofía

A finais do curso pasado, anunciaramos que Sofía Santos Ulloa, tras vencer na final autonómica, quedara 2ª finalista na 55ª edición, do concurso deJóvenes Talentos de Relato Corto, organizado por Coca Cola do cal, por certo, xa está convocada a 56 edición, na que podedes apuntarvos até o 15 de marzo, premendo aquí.

Daquela non podiamos publicar aquí o seu relato por aquilo dos dereitos de autor, mais nestes momentos, a propia Coca Cola nolo facilita xunto cos dos outros gañadores na súa web. Por iso, é un orgullo para nós, podelo ofrecer premendo na imaxe que está a continuación.corte

No seguinte vídeo, pódense ver unhas imaxes da Gala onde se deron os premios.

Finalmente, non podemos deixar de indicar que Sofía vén aportándonos os seus relatos dende o comezo do curso pasado no apartado de Colaboracións deste blogue, que este curso, ademais, está ater bastante éxito.

Sairá desta sección un novo gañador ou gañadora? O tempo nolo dirá.

Conmemoración do Día dos Dereitos Humanos

Para conmemorar unha data tan relevante, varios cursos do noso centro participaron na elaboración de cartaces, murais e tamén textos sobre ese tema. Nós tamén colaboramos coa presentación, nun dos paneis, de textos e imaxes a partir do material publicado polo Seminario Galego de Educación para a Paz.

Agora presentamos unhas imaxes de todo ese material.

Máis colaboracións…

Semella que algo pasa no instituto. O curso pasado dúas rapazas facíannos partícipes dos seus relatos. Este curso, comezámolo coa incorporación dun rapaz e, de novo, hoxe, presentamos tres rapazas máis que son vítimas do virus do gusto polas narracións. escribir-334vb-por-arno-rafael-minkkinen-2000-artnet

Tedes, no apartado de COLABORACIÓNS, o traballo das tres novas autoras, o cal esperamos que teñan continuidade. Son:  Claudia Rico Echegaray, que nos ha contar as Memorias de un gato, Irene Maseda Neira, que irá escribindo Pesadilla o realidade Nuria Gómez Muiña, qu principia o su relato titulado “Munchausen”.

Ánimo, e que sexa pracenteiro e gorentoso.

Guía de lecturas-Nadal 2015

Xa está aquí recén saída do forno, a nosa guía de lecturas deste nadal. Coma sempre, procurarmos que fose variada e, así, aparecen dende títulos de aventuras como “Fernando, el temerario” até as “Novas aventuras de Dick Turpin“. Hai clásicos coma “O libro da selva” ou títulos recentes coma “Ciudades de papel“. Tamén aparecen lecturas para adultos como a biografía de “Steve Jobs” ou  o último libro de José Antonio Marina Despertad al diplodocus“, que formula unha visión do futuro educativo.

triptico nadal 2015

Todos os títulos xa están ao voso dispor na biblioteca e esperamos que esta escolla vos resulte interesante. Para descargar a guía, preme na imaxe.

25 de novembro III-A nosa flashmob

A campaña “1 000 millóns en pé” preséntase como a acción de masas máis grande da historia da humanidade para acadar o remate da violencia contra a muller.

Comezou en 2012, no día de San Valentín, e coma unha 1 billionchamada de atención diante do feito de que, estatísticamente, 1 de cada 3 mulleres no planeta sufrirían durante a súa vida algún tipo de violencia física ou sexual. Se a poboación mundial é de 7 000 millóns de pesoas, aproximadamente, isto indicaría que o número total de vítimas chegaría a uns 1 000 millóns de mulleres e rapazas. De aí vén o nome da campaña. Cada mes de febreiro, por todo o mundo, moreas de mulleres póñense en pe, cantan e bailan para demostrar que a alegría é máis forte e poderosa que a violencia. Podes ter máis información, premendo sobre a imaxe.

Neste ano, e nestes días, nos que a violencia de xénero continúa a golpear, pareceunos importante, especialmente dende o ámbito educativo, empregar esa campaña para contribuír co noso apoio.

Así, o pasado 25 de novembro, realizouse unha flashmob na que se cantou e bailou “Break the chain“. Unha peza escrita e producida por Tena Clark, con música da propia Tena e Tim Heintz e coreografía de Debbie Allen.  De seguido tedes o resultado.

Os piares da creación

Moita xente coñece e emprega a “Wikipedia”, e por esa denominación refírese á versión en español, pero nós, dende este pequeno recunchiño temos a sorte de contarmos cun importante recurso, se ben menos coñecido, que é a Galipedia,  a versión galega da Wikipedia e que non sempre ten a presenza que debería.

Traemos isto a blogue, porque na Galipedia, de xeito periódico, destácase na cabeceira unha imaxe do día e hoxe presentan unha impresionante instantánea da Nebulosa da Aguia. A fotografía titúlase “Os piares da Creación” e amosa a Nebulosa da Aguia. Está realizada co Hubbleque é un telescopio robótico operado entre a Axencia Espacial de Estados Unidos (NASA) e a Axencia Espacial Europea (ESA) que orbita arredor da Terra a uns 600 quilómetros de altitude.

863px-Pillars_of_creation_2014_HST_WFC3-UVIS_full-res_denoised

Se che gusta e queres descargala no formato orixinal, prepara o disco duro porque son más de 100 megas de foto, e a podes descargar aquí. Claro que tamén se pode descargar en tamaños máis accesibles.