Día de Rosalía 2016

Coma tódolos 24 de febreiro, hai mobilización no país para a conmemoración do “Día de Rosalía“.  Tamén tódolos anos, acode puntual á cita a AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega) para artellar unha campaña que festexe á nosa poetisa nacional. Este ano, ademais do tradicional agasallo a amig@s e coñecid@s dunha rosa e dun libro, propón mobilizarnos por Rosalía nas redes sociais: no Twitter, no Facebook ou no Instagram.

CartelBaseAELGDia-de-RosaliaDeCastro2016-150_001Trataríase de levar a cabo un envío masivo, e simultáneo, dun verso de Rosalía desde os teléfonos móbiles do alumnado e do profesorado dos centros, dun verso do poema IV de Cantares gallegos (“Trocando en sonrisas / queixiñas e choros”baixo a etiqueta #mobilizarosalía.

Podes ver algúns exemplos das aportacións da xente e do que xa está compartido nas seguintes ligazóns de:

 – Facebook: posts.

Twitter: imaxes, vídeos, chíos.

Instagram: aquí e aquí.

E xa para rematar máis pretiño de nós, e no mundo físico, a Área de Cultura da Deputación de Lugo, xunto co apoio da Fundación Rosalía de Castro e a Obra Social de “La Caixa”, vén de presentar, o pasado luns 22, na Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos, unha exposición fotográfica dun dos máis afamados fotógrafos da Galiza, Xurxo Lobato, titulada “Airiños, aires… Rosalía. Esta exposición estará aberta até o 30 de marzo. Podes conseguir toda a información, premendo na imaxe.

airiños aires

Advertisements

“Ámote Leo A.”-III (Terminal de chegadas)

Xa temos aquí a terceira reseña (a segunda en vídeo) que nos ofrece Laura Fernández Pardo (2ºESO-C). Pouco a pouco imos ir conseguindo facer un pequeno catálogo con lecturas que valorades e recomendades, ou non, entre vós.

Esta triloxía debe estar ben de verdade porque se mirades o tempo pasado entre a primeira reseña e o que tardou en subir a segunda e maila terceira, veredes que non pasaron moitos días.

Cal será a súa seguinte lectura? Seguro que o saberemos en breve. Esperamos que vos guste o vídeo.

Ámote Leo A.-II (Estación de tránsito)

De novo, traemos unha reseña dun libro para ampliar o noso “Club de Lectura“, por parte dunha compañeira do instituto. O libro é a segunda parte da coñecida triloxía de Rosa Aneiros “Ámote Leo A.”, e que leva como subtítulo “Estación de Tránsito”, no que continúan as aventuras de Leo.

Se hai poucos días facía unha valoración da primeira parte de “Ámote Leo A.“,desta volta, Laura Fernández Pardo (2ºESO-C), preséntanos a segunda parte por medio dunha video reseña. E, como indica no vídeo, xa está a ler a terceira.

Agradecémoslle a iniciativa e o esforzo, e vola presentamos para ver que vos parece…; nós coidamos que ten moito mérito.

Sofía Santos consegue un premio de relatos curtos.

Temos a satisfacción de informar que Sofía Santos Ulloa, alumna do noso centro, vén de recibir un novo premio. Nesta ocasión resultou premiada na XXIª edición dos Premios “Trapero Pardo” de relato curto para escritores novos, con outros rapaces de Lugo e de Burela.

A continuación, temos a foto conmemorativa do acto, na que a alcaldesa de Lugo e parte da corporación fixeron entrega dos premios. Parabéns polo éxito acadado.

foto sofia

Foto: La voz de Galicia

Día Escolar da Paz (II)

Rematamos xa a Semana adicada ao Día Escolar pola Paz e a Non Violencia, cun feixe de fotografías da exposición de fondos realizada no vestíbulo do noso Centro. Nos expositores aparecían individualizados fondos de Banda Deseñada, de libros e de DVD’s.

Tamén temos unha foto do cartel da exposición e nos paneis están as fotografías do motivo específico deste ano “Mulleres de P@z”.

Ámote Leo A.-I (Destino Xalundes)

Temos unha nova reseña de Laura  Fernández Pardo (2ºESO-C), neste caso sobro primerio título da triloxía de Rosa AneirosÁmote Leo A” que obtivera o Premio Irmandade do Libro ao Mellor libro Infantil e Xuvenil do ano 2014.

amote leo AAutora: Rosa Aneiros

Reseña: Leonor e os seus tres mellores amigos planean nunha noite de borracheira facer unha gran viaxe para cando acaben de estudar. Traballan moi duro durante os tres anos restantes de carreira para conseguir os seis mil euros pactados cada un.

Pero no todo foi tan bonito. Os amigos de Leo abandónana, dicindo que queren empregar o diñeiro en cousas máis imporatnte e, aínda así, decide emprender a soñada viaxe, soa. Pasando por un gran cúmulo de emocións, dende gran euforia ata unha morriña constante, Leo viaxará por distintos países onde coñecerá a moita xente e unha misteriosa frase que a acompañará durante todo o traxecto: “Ámote Leo A. Ou nun muro, ou nun cartel ou nun sinal de benvida, Leonor observará esta frase.

Opinión: moi envolvente. Quizais ao principio aburriume un pouco, xa que estou acostumada a novelas de máis acción. Pero, a medida que avanzaba, tiña máis ganas de seguir. Estou desexando ler a seguinte parte da triloxía.

Aquí tedes o booktrailer realizado por Edicións Xerais para a presentación do libro:

Entrega de premios San Clemente

Xa no seu momento, xuño do ano pasado, informáramos de como o noso centro fora un dos IES invitados, un por provincia, polo IES “Rosalía de Castro” de Compostela para participar na XXI Edición do seu premio literario Arcebispo Juan de San Clemente“.

Pois ben, xa chegou o día no que vai ter lugar o acto de entrega dos premios literarios  nas modalidades de tradución (El testamento de María, de Colm Toibin), novela en lingua castelá (El impostor, de Javier Cercas) e en lingua galega (A memoria da chuvia, de Pedro Feijoo).

Ao acto asistirán as ex alumnas do IES Lucus Augusti: Paula Abuín, Silvia Fernández, Lorena Núñez, Ana Rodríguez, Lucía Sarceda e Andrea Vilar, que participaron como xurado nas deliberacións que outorgaron os devanditos premios na sesión celebrada o 16 de xuño de 2015 no Instituto Rosalía de Castro de Santiago. As alumnas serán acompañadas polos xefes dos Departamentos de Lingua e Literatura Castelá (Fernanda Marzo) e Lingua e Literatura Galega (Manuel Celso Matalobos).

A entrega de premios terá lugar no transcurso dunha cea á que asistirán os autores galardoados, que compartirán mesa cos membros do xurado, no Hostal dos Reis Católicos da capital galega.

De seguido, podedes ver unha pequena escolma fotográfica do desenvolvemento dos actos de xuño, e no final unha panorámica con todos os participantes.

S. Clemente 3