Exposición “O ensino polo aspecto”

 A partir dos fondos propios do centro, presentamos unha exposición que, coidamos, é moi interesante. Consiste, por dicilo rapidamente, nos devanceiros das diapositivas ou das imaxes dixitais actuais e dos seus aparellos de proxección.

Un dos obxectivos contemplados xa polas primeiras leis educativas do liberalismo decimonónico foi o de facilitar a utilización de medios que permitisen un modelo de ensino público máis pragmático. Os recursos tecnolóxicos dispoñibles naquel momento eran evidentemente moi rudimentarios comparados cos actuais.

As placas de cristal chegaron aos institutos españois nas últimas décadas do século XIX, e continuaron servindo ao ensino como elementos didácticos cando menos ata a Guerra Civil. As vistas sobre placas de vidro tiñan, normalmente, unhas dimensións de 8,5 x 10 cm. e repartíanse en axeitadas caixas de madeira que permitían a súa organización, selección e conservación. Os aparellos de proxección chamábanse EPIDIASCOPIOS (=Ver a través de…), polo que as placas tamén recibían o nome de placas epidiascópicas.

Hoxe estamos acostumados á utilizar aparellos de proxección moi perfeccionados, pero debe entenderse que os epidiascopios e as placas de cristal son os antecedentes inmediatos das diapositivas e dos medios dixitais actuais, que permitiron desenvolver ese modelo de ensino que no seo momento se chamou “ensino polo aspecto”.

120 aniversario das irmás Fernández de la Vega: o documental.

É para nós unha gran satisfacción presentar, por fin, o documental que o pasado ano por estas datas gravárase, entre outras localizacions, no noso centro para conmemorar a figura das Irmás Fernández de la Vega, cerne das actividades realizadas para a conmemoración do Día da Muller Traballadora 2015.

Tras un ano de traballo na montaxe, levouse a cabo a súa presentación oficial nas salas da Deputación de Lugo e aquí volo presentamos. Referímonos ao documental titulado: 120 anos do nacemento das irmás Fenández de la Vega que poderedes ver tras esta pequena introdución e as imaxes.

DOCUMENTAL de VISIBILIZACIÓN E RECOÑEMENTO ACADÉMICO e SOCIAL DAS IRMÁS JIMENA e ELISA FDEZ. DE LA VEGA LOMBÁN.

Este documental naceu en paralelo ós actos que con motivo do 8 de marzo de 2015 fixemos no IES Lucus Augusti, adicados a estas exemplares alumnas.

A historia do noso IES, arrinca a mediados do século XIX, escolarizando a rapaces e rapazas de toda a provincia. Sabiamos que dúas irmás xemelgas, nacidas en Vegadeo (1895), Jimena e Elisa Fernández de la Vega, que fixeran o bacharelato no Instituto de Lugo entre 1909 e 1913, remataron sendo as primeiras mulleres licenciadas en Galicia e Asturias.

Non foi doada a súa estancia universitaria, xa que eran increpadas con comentarios despectivos polo personal masculino. Mais, a pesar disto, foron as mellores da súa promoción, levando Jimena o Premio Extraordinario de Fin de Carreira.

Elisa, casou, tivo tres fillos, deu clases en Facultades de Mediciña e atendeu consulta na casa. Á vez daba conferencias antibelicistas e publicaba artigos científicos co seudónimo de Zoraida. Morreu aos 37 anos e o seu marido, republicano, tivo que exiliarse na Arxentina, quedando os nenos con Jimena.

Esta durante un periplo por toda Europa (Berlín, Xénova, Viena, Hamburgo, etc.) onde traballou cos mellores investigadores (Friedrich Kraus, Theodor Brugsh, Erwin Baur, Hermann Poll) voltaría a España onde tamén traballaría cos mellores de aquí  como: o doutor Pittaluga, Nóvoa Santos ou Gregorio Marañón. Este chegaría a dicir dela:

“Es gallega, y eso quiere decir que es aguda, inteligente y poco dada a dejarse llevar por arrebatos imaginativos. Cualidades excepcionales para el estudio de la Ciencia”.

E Marañón sabía moito de herencias xenéticas.

No 120 aniversario do seu nacemento, fixemos unha exposición divulgativa da vida, traxectoria, aportacións e obras no vestíbulo do noso IES (no arquivo histórico do centro estaban os seus expedientes) e unhas charlas impartidas polo profesor Ricardo Gurriarán e Ánxela Bugallo.

Todo isto, deu lugar ó guión deste documental, realizado polas profesoras abaixo firmantes, coa axuda da Fundación TIC, a colaboración do Concello de Lugo e familiares das Fdez. de la Vega.

Por elas! 

Carmen Díaz Simón

Luisa Grandío de Fraga

 

Finalmente, como complemento, pódese ver a nova da revista dixital  GCiencia,o portal da ciencia galega, que se fai eco da noticia e cita ao centro en repetidas ocasións. Dende aquí, un saúdo.

VIAXE DOS ALUMNOS DE 1º E 2º DE ESO A SANTIAGO DE COMPOSTELA E AO ECOPARQUE DE MARÍN

O día 17 de marzo, e organizado polo Departamento de Relixión Católica, os alumnos de 1º e 2º de ESO viaxaron a Santiago de Compostela para visita-la catedral. A continuación continuaron viaxe ata Marín, ao Ecoparque  para realizar diversas actividades ao aire libre: pasarelas, tirolinas, pontes, obstáculos diversos… Logo dunha frenética actividade entre árbores retornaron a Lugo pasadas as nove da noite.

 

Nova colaboración

Laura Fernández Pardo, de 2ºESO, que colabora connosco a través do Club de Lectura, enviándonos videoreseñas, dá un pasiño máis e fichámola para que nos envíe os seus escritos no apartado de COLABORACIÓNS.

A partir do vindeiro luns, iremos publicando con periodicidade semanal un capítulo cada vez, dos seus escritos, que levarán o título de “El verdadero corazón de Ninfa“. Estamos encantados con que esta afición vaia caiando, cada vez máis, entre o noso alumnado. Agradecemos as críticas e as opinións.

As sensombreiro-III

Por fin, xa témo-lo  vídeo coas imaxes da exposición de cartaces, paneis informativos e dos chapeus colgados para conmemorar o Día da Muller Traballadora, e o tríptico no que se poden ver a selección de lecturas recomendadas.

triptico-caratula

Este ano estivo adicado “As sen sombreiro” e por iso,o día 8, durante o recreo profesoras, alumnas e persoal non docente acudiu ao vestíbulo para botar ao aire os chapeus. Aquí están algunhas das imaxes que porán punto final á conmemoración por este ano. Tamén incluímos a fotografía publicada , e  cedida, no xornal “El Progreso“.

As “sensombreiro”-2

Na escolla de libros para a exposición, dividimos entre fondos recomendados para o 1º Ciclo da ESO, nos que entrarían fundamentalmente os fondos de banda deseñada (Vida de nai 1 e 2), e aqueles para o 2º Ciclo (La mujer rebelde, El diario azul de Carlota e O diario vermello de Carlota e Todos deberíamos ser feministas).

Finalmente, para lectores adultos, amosamos ensaios como “La pasión de ser mujer” ou “Las sinsombrero” ou “Claros del bosque” de María Zambrano. E libros de lectura novelada como “El club de los viernes” ou “O club da calceta“.

This slideshow requires JavaScript.

Coidamos que é unha mostra o suficientemente atractiva para que todo o mundo poida acceder a aquilo que sexa do seu interese.

As “sensombreiro”

Para conmemorar o 8 de marzo, “Día da muller traballadora”, este ano preparamos unha serie de materiais que se poden dividir en 3 grupos ou apartados.

En primeiro lugar, temos como lema condutor “As sensombreiro“. Refírese á frase pexorativa que recibiron un feixe de mulleres talentosas e relevantes que participaron na chamada “Xeración do 27” e que permaceron no esquecemento até hai pouco tempo. Algunhas, por circunstancias varias, aínda son descoñecidas para a sociedade pero outras xa están a ocupar o espazo que lles corresponde. Falamos de María Zambrano, filósofa discípula de Ortega e Gasset, exiliada moitos anos durante o franquismo; ou de Maruja Mallo, a pintora surrealista por excelencia, recoñecida por Dalí, por Picasso ou por Andy Warhol; ou de Rosa Chacel, escritora moi recoñecida xa morta.

Este será o fío condutor da exposición de libros e de sombreiros que xa temos no vestíbulo. E tamén pódese ver nun dos expositores os retratos e os elementos biográficos máis relevantes de cada unha delas. Eses retratos e a biografía son os que están no libro dixital que aparece ao premer na imaxe que temos a continuación, e co que se pode traballar nas pantallas da clase na hora de titoría.

as sen sombreiro

Pero todo iso complementa un proxecto que está na rede dando os primeiros pasos. É un proxecto “crossmedia” e que se chama precisamente “Las sinsombrero“, no que a maiores da biografía, hai fotos, un proxecto educativo, unha wiki, fragmentos fílmicos etc. Todo iso pódese ver na web realizada expresamente para este momento e que se accede por medio desta ligazón.

E o terceiro apartado é que tamén quixemos aproveitar a circunstancia de que unhas das mulleres é unha gran pintora galega: Maruja Mallo, polo que tamén temos un  un espazo independente, outro expositor, no que se trata a súa figura individualmente. Igualmente, pódese acceder a máis informacións relevantes sobre a pintora, nas seguintes ligazóns:

  • Un blogue, realizado polo alumnado da Escola de Idiomas de Vigo, adicado á súa figura, no que se contextualiza a súa figura, danse informacións sobre a súa vida e preséntase unha escolma da súa obra. Podes acceder, premendo aquí.
  • Un documental dirixido por Antón Reixa, titulado “Mitad ángel, mitad marisco“, que quizais sexa o elemento audiovisual máis completo sobre a súa figura, que foi emitido en rtve: aquí.
  • Finalmente, unha escolma de diapositivas da profesora Ana Rey da súa presentación “Mulleres Creadoras“.

En breve, publicaremos o tríptico de lecturas recomendadas sobre todo este material, o folleto sobre as figuras presentes nos expositores, e algunhas fotos do vestíbulo.