Graduación do alumnado de 2ºBAC do curso 2015-2016

Xa temos o vídeo coas fotos do acto da Graduación do curso 2015-2016.

Pero se prefires ver as fotos unha por unha, non tes máis que premer na imaxe do cartel inferior.

Graduacion 2016

Advertisement

Exposición de Obed

Hai pouco un noso alumno de 2º de BAC, Obed Marshall, presentaba unha exposición con varios dos seus traballos. Obed xa tiña colaborado en anos anteriores noutras exposicións e traballos realizados pola Biblioteca en colaboración con outros departamentos e con Orientación. Así, varios dos seus deseños foron carteis anunciadores do Día contra a Violencia de Xénero, nos pasados novembro de 2014 e 2015.

25 novembroObed-lenzo

Nesta ocación, amosamos un vídeo que inclúen imaxes das obras presentadas na exposición anterior, titulada “Entre papeis e pinceis“,  co que queremos agradecerlle a colaboración durante estes anos no Centro e desexarlle sorte nos estudos que comece na universidade o vindeiro curso.

Así, si que se pode

Navegando pola rede chéganos noticia de que un rapaz, Alberto Suárez, alumnos de 1º de BAC do IES “David Buján” de Cambre vén de realizar unha app, compatible cos móbiles Android, sobre a figura de Manuel María, o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2016, e que, ademais, pódese descargar de balde da tenda de Google Play, premendo na imaxe.

manuelTen un mérito enorme no que supón a aplicación da tecnoloxía para espallar a figura do poeta chairego e darlle pulo a esta lingua nosa, que tan necesitada está. E que todo isto sexa quen de crealo un mozo para un traballo do instituto é para mandar dende aquí os máis grandes parabéns polo realizado e os ánimos, tamén máis grandes posibles, para que siga realizando novos proxectos.

Se queres saberes máis, podes ter toda a información, podes ver esta nova na páxina de “La Voz de Galicia“.

Día das Letras Galegas 2016

Este ano, xa é sabido, o Día das Letras está adicado a Manuel María, poeta de Outeiro de Rei. Nós, para conmemorar o día, levabamos tempo preparando un recitado de poemas del realizado por alumnos e alumnas de 1º e 2º da ESO. Por fin, xa podemos presentar o resultado.

Tamén presentamos un feixe de recursos que se poden empregar na clase ou que se poden ver na rede como complemento. En primeiro lugar, un vídeo realizado polo Equipo da Biblioteca no que se presentan algunhas das súas obras e algúns dos seus versos, que podedes ver de seguido.

A Fundación da Casa Museo Manuel María, ten na súa folla web diversos materiais como son os seguintes (para acceder a eles, hai que premer na palabra):

Tamén o portal da RAG, ten un apartado onde salienta o seu papel como autor e finalmente, un recurso que nos parece moi suxestivo é unha liña do tempo interactiva realizada no IES San Paio, que sen dúbida ha gustarvos.

Finalmente, toda unha morea de recursos, recompliados pola Coordinadora Galega de Equipos de Dinamización e Normalización Lingüística, entre os que destacan o rap realizado por alumnos de Oural, presentacións diversas e unha biografía do autor conmemorado este ano.

EXPOSICIÓN DE MATERIAL BIBLIOGRÁFICO SOBRE MANUEL MARÍA

Estes días pódese visitar no recibidor do centro unha exposición sobre material bibliográfico sobre MANUEL MARÍA organizada polo Departamento de Lingua e Literatura Galega, por mediación do profesor D. Manel Matalobos, en colaboración coa Biblioteca.  Proximamente, publicaremos unha reportaxe fotográfica cos fondos expostos máis relevantes.

Manuel Maria 01

EXPOSICIÓN DE POP-UP

Estes últimos días puidemos ver, no vestíbulo do centro , a Exposición de Pop Up que foi organizada conxuntamente por profesoras do Departamento de Xeografía e Historia,  Maribel Carcedo e Maribel Valiela, e que contaron co apoio da Biblioteca.

Xa tempo atrás, dimos noticia dos prazos do concurso no que participarían alumnos e alumnas de 4º de ESO. Pois ben, aquí temos xa o vídeo onde destacamos algunhas das obras realizadas que, hai que destacar, teñen un gran mérito e moi boa realización. Poden estar satisfeitos polo realizado.

Se queres ver as fotografías de cada obra individualmente, ou descargalas, preme aquí.