DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

violenc-xenero-16

Desde 1981 Latinoamérica, e o resto do mundo, conmemora cada 25 de novembro o día contra a violencia de xénero. Os movementos feministas da rexión, cunha das taxas máis altas de violencia contra a muller, acuñaron esa data en honra ás dominicanas Minerva, Patria e María Teresa Mirabal, tres irmás asasinadas o 25 de novembro de 1960 por orde do ditador Rafael Leónidas Trujillo, do que eran opositoras. Anos máis tarde, en 1999, a ONU sumouse á xornada reivindicativa e declarou cada 25 de novembro Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller, en honra ás irmás Mirabal.

O Equipo da Biblioteca do IES Lucus Augusti quere concienciar a toda a comunidade educativa sobre esta lacra mediante mensaxes visuais a través de siluetas. Aquí témo-lo vídeo de todo o exposto polo centro adiante.

E se queres ve-las fotos, preme  aquí .

Advertisements

INTERCAMBIO ALUMNOS ALEMAÑA

Intercambio Alemaña.  O pasado mes de Outubro (dende o 15 ao 22) visitáronnos os alumnos de alemán do intercambio. Foi a segunda parte deste intercambio (a primeira parte realizouse en marzo 2016, onde os nosos alumnos , entonces en 4º ESO, foron a Leipzig), na que os alumnos do Humboldt – Gymnasium en Leipzig visitaron coas profesoras Lugo, e o noso instituto. A visita rematou cunha festa no centro.

Aquí podemos ver un vídeo sobre as actividades realizadas durante a visita.

Se queres ver máis fotos preme aquí.

FAROIS DE SAN MARTIÑO

Achégase o San  Martiño (11 de novembro). Para celebrar este día, os nenos e nenas alemáns fan farois que saen alumear as súas vilas e cidades ao serán do devandito día.

Con motivo desta celebración o alumnado de alemán de 1º de ESO fabricou candanseu faroliño. Esta exposición pódese visitar no recibidor do centro.

Para ve-las fotos, preme  aquí.

 

 

Cartel

Xa temos o cartel desta VII edición do Día da Ciencia en Galego.

carteldcg1-2016

Como vedes, desta volta está adicado á Bioloxía e, en concreto, á figura de Gregor Mendel. Isto é de debido a que a FAO, un organismo dependente na ONU, declarou 2016 como o “Ano internacional dos legumes“, e  Mendel traballara cos chícharos para deducir as súas leis de herdanza.  Igualmente, tamén se vai destacar a figura de Cruz Gallástegui, un galego-basco, que foi a persoa que introduciu a xenética en España.

Na seguinte ligazón podes ler o Manifesto deste ano, de Isabel Aguirre de Urcola, no que defende o papel das bibliotecas como depósitos de coñecemento, da diferenza entre información e coñecemento,  e da importancia de aprender a ciencia en galego nas escolas e institutos.

Novembro. Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas

Tradicionalmente, este mes de novembro adícase nas Bibliotecas a fomentar as ciencias en galego. Nas Bibliotecas Públicas organízanse un feixe de actividades e exposicións para tódolos públicos. En concreto na Biblioteca Pública de Lugo, son as seguintes:

  1. Día 11: Obradoiro de Ciencia divertida para nenos e nenas de 4 a 11 anos.
  2. Día 18: Megaciencia. Un espectáculo de maxia e ciencia para tódolos publicos.angel-carracedo
  3. Día 25: “As bases xenéticas do cancro“. Unha charla divulgativa de Ángel Carracedo que, por se non o sabedes, é un dos máis importantes persoeiros a nivel mundial en medicina xenómica (o estudo dos xenes para curar enfermidades), sendo o grupo que el dirixe o máis importante a nivel mundial durante o decenio 2001-2011.

Igualmente, durante todo o mes, hai varias mostras bibliográficas: de Ciencias forenses e criminoloxía, no vestíbulo da Biblioteca e de Matemáticas cotiás, na sala de préstamo.