Novas colaboracións

Recientemente comezaron a escribir de forma conxunta dúas novas colaboradoras: Io Blanco Pousada e Aroa Andrés Merino. Á vista do seu bon facer augurámoslle a ambas a realización de grandes e fermosos traballos literarios.

Advertisements

Lecturas para o Nadal 2016

Xa temos recén saído do forno o tríptico coas lecturas aconselladas para estas vacacións. Sempre procuramos tocar varios xéneros para que todo o mundo teña algo onde picar.

Desta volta, o que se propón vai dende novela que lle chaman histórica cun best-seller español (O regreso do Catón), un libro de Banda Deseñada sobre Olympe de Gouges, a muller que escribiu a “Declaración de Dereitos da Muller” durante a revolución francesa; clásicos de intriga (un libro de Agatha Christie) e clásicos renovados (Nemo, o rapaz sen nome); libros para adultos (As olvidadas, de Ángeles Caso) pero que poden ser lidos por rapaces e rapazas con inquedanzas ou como o seguinte, un libro sobre as normas de uso na internet (NETetiqueta. Comunicación en entornos dixitais). Finalmente, libros relacionados con acontecementos cinematográficos e ademais en galego (Un monstro vén a verme) ou best-seller para mozos e mozas (El corredor del laberinto).

Para velo polo miúdo, hai que premer na imaxe. Que teñades boas festas.

lecturas-nadal-2016

EXPOSICIÓN: BUERO VALLEJO, EL HOMBRE Y SU OBRA

CARTEL BUERO 03 Corel.cdrO IES Lucus Augusti, por iniciativa do Departamento de Lingua e Literatura Castelá, coa colaboración do Equipo da Biblioteca do centro organiza unha exposición sobre o dramaturgo Antonio Buero Vallejo, titulada “El hombre y su obra, 1916-2016”, que xa está disposta no vestíbulo do noso centro, e coa que pretendemos apoiar a conmemoración do centenario do seu nacemento.

Témoslle que agradecer a  outro dos Institutos Históricos, o IES histórico de Guadalajara “Brianda de Mendoza”, e ao seu Director D. Juan Leal por facilitármonos copia de gran parte da documentación exposta sobre Buero Vallejo, que pertence ao seu Arquivo Histórico.

Igualmente, ofrecemos a posibilidade de ver o catálogo virtual de gran parte da Exposición premendo no cartel coa imaxe de Buero Vallejo.