ENTROIDO 2017

Pulse aquí ou sobre a imaxe para ve-las fotos

portada-antroido-reduc-02

Advertisements

24 de febreiro- Día de Rosalía

De novo, este día 24 chegamos ao Día de Rosalía. Nesta ocasión cúmprese o 180 aniversario do seu nacemento.

diaderosaliadecastro-2017-1A conmemoración apoiada pola AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega) chama a agasallar cun libro e unha rosa e levar a cabo actos que lembren á nosa escritora nacional.

Entre os actos conmemorativos a celebrar podemos destacar que a Deputación de Lugo  agasallará os-as visitantes dos 4 museos da provincia, Museo Provincial de Lugo, Pazo de Tor, San Paio de Narla, e do Mar, e aos da Capela de Santa María cunha lámina co poema “Adiós ríos, adiós fontes” e unha rosa.

A ilustración de Rosalía de Castro é de Noemí López Vázquez e pertence a colección da exposición do Centro de Artesanía e Deseño “Imaxinando Cantares Gallegos”. A lámina  é esta

210217-ilustracion-rosalia

VIAXE A ATAPUERCA – Alumnos/as de 1º de BAC

atapuerca

 

 


 

Os alumnos de 1º de BAC viaxaron os días 20 e 21 de marzo a Burgos para visitar Atapuerca, nunha saída organizada polo Departamento de Filosofía.

O primeiro día coñeceron León, Carrión dos Condes e a cidade de Burgos onde pernoctaron. O día 21 estivo adicado á visita do Museo da Evolución Humana para, de seguido, proceder ao obxectivo principal da viaxe: a visita ao xacemento de Atapuerca.

Ao remate desta visita tocou o intre de retornar ao punto de partida. Noraboa a tódolos rapaces e rapazas polo seu comportamento.

Para ve-las fotos da saída, preme aquí ou sobre a imaxe.

Presentación dun poemario do presidente da RAG na Libraría Biblos

Ola a tod@s! O vindeiro xoves, día 23, na libraría Biblos e en colaboración coa editorial Xerais farase a presentación do libro de poesía de Xesús Alonso Montero (presidente da RAG): ” VERSOS DUN FISTOR REPUBLICANO, MARXISTA, ATEO E UN POUCO EPICÚREO”.

Contará na presentación coa inestimable presenza de Claudio Rodríguez Fer e tamén de Manuel Bragado, en representación da editorial Xerais, na que será seguro unha obra poética de referenza e lembranzas para moita xente.

Velaí téde-lo cartel do acto. presentacion-versos-dun-fistor-correo

 

A LANTERNA MÁXICA

Para acceder ao CATÁLOGO DE COLECCIÓNS prema aquí, na fotografía ou no menú A LANTERNA MÁXICA situado na parte superior desta páxina
lanterna-maxica

Por ese nome era coñecido o epidiascopio, antecedente do proxector de diapositivas. A imaxe superior corresponde con un dos que posúe o IES LUCUS AUGUSTI; neste caso funcionaba cunha lámpada de aceite. O centro conta tamén cunha colección de arredor de mil placas de cristal (antecedente das diapositivas) empregadas no devandito proxector.
A Biblioteca do instituto, a través da páxina web do centro (www.ieslucus.gal/centros/ieslucusaugusti) e deste blogue da propia biblioteca quere dar a coñecer a dixitalización de tódalas placas. Algunhas están en mal estado pero polo seu interese tamén foron incluídas.
Ao remate das coleccións incluímos un conxunto de negativos e positivos en cristal. Os positivos en tono azulado foron conseguidos coa manipulación en Photoshop para, deste xeito,  poder contempla-la imaxe negativizada.

 

LAS NACIONALIDADES

cabeceira

A Biblioteca do IES LUCUS AUGUSTI publica a dixitalización da revista LAS NACIONALIDADES que iniciou a súa andaina o día 20 de novembro de 1880. A colección que posee o centro chega ata o número 51, carecendo os exemplares números 6, 9, 25, 26, 45 e 49.

Pódese consultar  tanto na web do Instituto (http://ieslucus.gal) como neste blog.

Para acceder ás revistas pique aquí, na imaxe superior ou ben no menú BIBLIOTECA VIRTUAL situado na barra superior .

 

 

CERTAME DE POESÍA NADAL 2016

Pulse aquí para ver e descargar fotos

No Certame de Poesía Nadal 2016 que otorga a Biblioteca Pública Provincial de Lugo, o xurado calificador acordou conceder o Premio Local na Categoría C á alumna do IES Lucus Augusti NURIA DEVESA NÚÑEZ polo traballo que presentamos a continuación da imaxe:

portada

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

BENDITO CATIVO

Un neno en inverno nacido
chora porque ten e vai frío.
A súa nai máis pobre ca unha
ánima non se dá conta da súa terrible falta.
Cando ela desperta do seu soño
o neno cae noutro.
Pero este é máis profundo
xa que non volverá espertar doutro.
A nai anoxada
pediulle ao ceo que o espertara.
No intre unha estrela apareceu
e a nai sorriu dentro do seu …
Escoitou dende o horizonte
que un cambio tiña que facer
e decidiu a súa vida
para que o neno puidera volver.
E non dubidou
e así foi
así aconteceu
así rematou.
Nestas festas brancas
non te esquezas do milagre que chegou a pasar
porque o teu amigo é un neno
que alá non volverá.