A CÉLULA

EXPOSICIÓN SOBRE A CÉLULA E AS ENERXÍAS RENOVABLES

No vestíbulo do centro pódese contemplar na actualidade unha exposición sobre a célula e as enerxías renovables baseada en traballos elaborados polos alumnos e alumnas do Instituto

Para poder contemplar unha película con fotos dos traballos, pulse sobre a imaxe situada a continuación deste texto

Advertisement

DÍA DA MULLER TRABALLADORA

8 de MARZO – DÍA DA MULLER TRABALLADORA

 

 

 

 

 

O pasado 8 de marzo quixemos celebrar o Día da Muller Traballadora dun xeito diferente. O grupo Femininoplural (Silvia Penide e Carla López) interpretou cancións que escribiron  mulleres pero que foron versionadas por homes.

FEMININOPLURAL xorde da necesidade de amosar o importante percorrido de diversas mulleres autoras no transcurso da historia da humanidade. Trátase de dar visibilidade e relevancia absoluta á figura da muller autora, que moitas veces permaneceu nun segundo plano.

O percorrido dá comezo coa figura de Clara Schumann para seguir con Violeta Parra, Guadi Galego e Consuelo Velázquez entre outras. Unha viaxe que anima a desfrutar, valorar e aplaudir as nosas autoras universais.

Preme aqui ou sobre a imaxe para ve-las fotos do acto.

Fálame da emigración…

Na semana anterior ao Entroido, por intermediación da Fundación Abanca, houbo unha bonita actividade na que un feixe de persoas maiores que tiñan como característica común que todos foran emigrantes, viñeron contar as súas experiencias aos nosos alumnos.

A actividade desenvolveuse por medio dun vídeo que serviu de introdución e para centrar a charla posterior. Aquí tedes unha pequena escolma de imaxes da actividade que, sen dúbida, foi moi gratificante para todos: alumnos e maiores.