VISITA Á ESCOLA DE ARTE E SUPERIOR DE DESEÑO RAMÓN FALCÓN

Pulse aquí para ver fotos da visita

O día 28 de maio, os alumnos de 4º de ESO visitaron a Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón de Lugo acompañados pola súa profesora de Educación Plástica e Visual, Dona Magdalena Seijas.

Nesta visita puideron contemplar tódolos talleres que compoñen a oferta deste centro: serigrafía, fotografía, cerámica, grabado…

Algúns deles puideron facer prácticas co torno de cerámica ou ben estampación de camisetas (que logo foron sorteadas) ou grabados.

Unha visita realmente interesante con vistas ao futuro dalgunha vocación.

Advertisements

OLIMPIADA MATEMÁTICA 2017

 

 

 

 

 

Pulse aquí para ver fotografías da Olimpiada Matemática

Os alumnos Yago Somoza García-Losa, Lorenzo Castro Rodríguez e Javier Moscoso Fernández representaron ao IES Lucus Augusti na edición do ano 2017 da Olimpiada Matemática que se celebrou o día 27 de abril no marco incomparable marco do Círculo das Artes de Lugo.

Estiveron acompañados pola profesora Dona Cecilia Alvarellos

DÍA DO LIBRO 2017

 

 

 

 

 

 

Para conmemora-lo Día do Libro pódese contemplar no recibidor do centro unha exposición de exemplares escritos polos dous grandes xenios da literatura universal: CERVANTES e SHAKESPEARE.

Este ano cúmplese o 400 cabodano do pasamento de ámbolos dous escritores e con esta exposición quérese facer unha homenaxe a ambos.

 

VIAXE dos ALUMNOS de 1º e 2º de BAC a SANTIAGO de COMPOSTELA

Pulse aquí ou sobre a imaxe para ve-las fotografías

Os alumnos de 1º e 2º de BAC viaxaron   o día 17 de abril a Santiago de Compostela para visitar en primeiro lugar a Sede da Fundación Eugenio Granell. A Continuación percorreron o Museo de Arte Contemporáneo.

Logo dun alto para o xantar viaxaron ata a Cidade das Artes para contemplar a exposición “Da Madeira á Cadeira” para logo retornar a Lugo

XOGOS TRADICIONAIS EN INGLÉS

Pulse aquí ou sobre a imaxe para ver as fotografías

 

 

 

 

 

Os alumnos/as de 1º de ESO investigaron sobre xogos tradicionais ingleses e americanos e xunto coa profesora de Inglés, Elena Arias,  e o auxiliar de conversa John Albright levaron a cabo os xogos no patio.

Xogaron a Musical Chairs, Hot Potato, Silent Ball, Duck, Duck, Goose…

Os alumnos de 2º de ESO tamén aprenderon algún xogo tradicional na clase da man do noso auxiliar, John.

CHARLA SOBRE ÉTICA E SEXUALIDADE

O profesor de Filosofía da USC Luis García Soto impartíu unha charla sobre ÉTICA E SEXUALIDADE no IES Lucus Augusti o catro de abril de 2017. O acto serviu ademais para facer entrega de sendos Diplomas acreditativos de ter participado da IV Edición da Olimpiada Filosófica de Galicia aos alumnos de 2º de Bacharelato, Nil Farré e Pablo Méndez.

Noraboa aos dous!

Para ver as fotos pulse aquí ou sobre a imaxe.

 

 

 

CONCURSO FOTOGRÁFICO – LITERARIO

Organizado conxuntamente co Departamento de Lingua Castelá e Literatura celebrouse o I Concurso Fotográfico-Literario. Os traballos da gañadora e dos finalistas expóñense a continuación.

1º PREMIO (Un libro electrónico): ZOOLÓGICO LITERARIO

Autora: Elena Álvarez Toirán – 1º BAC D

Esta foto compendia as dúas paixóns da autora: a lectura e o cariño hacia os animais.


FINALISTAS

LA VIDA Y LA MUERTE

Autora: Simona-Vasilisa Ilban – 1º BAC F

LEER PERJUDICA GRAVEMENTE LA IGNORANCIA

Autor: César Abuín Guzmán – 1º BAC D

OTAGURI ES CANNON

Autora: Helena A. Risco Montero – 2º BAC A

CONCERTO DIDÁCTICO

No salón de actos do noso centro celebrouse o día 4 de abril un concerto didáctico a cargo da Banda Municipal de Música de Lugo. A actuación musical foi acompañada por números de maxia que fixeron as delicias dos asistentes. Todo un exitazo.

PARABÉNS POR ESTA INICIATIVA TAN INTERESANTE!!!

 

 

 

 

 

Preme aquí ou sobre a imaxe para poder contempla-las fotos do acto.