Pulse aquí para ver fotos da visita
O día 28 de maio, os alumnos de 4º de ESO visitaron a Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón de Lugo acompañados pola súa profesora de Educación Plástica e Visual, Dona Magdalena Seijas.
Nesta visita puideron contemplar tódolos talleres que compoñen a oferta deste centro: serigrafía, fotografía, cerámica, grabado…
Algúns deles puideron facer prácticas co torno de cerámica ou ben estampación de camisetas (que logo foron sorteadas) ou grabados.
Unha visita realmente interesante con vistas ao futuro dalgunha vocación.