Mes Cultural V. Día das Letras

Xa imos rematando con tódalas actividades que tiñamos para subir ao blogue e, aínda que imos ás carreiras, xa está aquí a anteúltima actividade.

Polo Día das Letras Galegas, este ano adicado a Carlos Casares, no vestíbulo pódese ver a exposición de fondos, libros e demais. Pero este ano, temos algo especial: o Certame de Microrrelatos organizado polo Departamento de Lingua Galega.

Quedou tan ben, que o xornal da nosa cidade “El Progreso“, ilustrou a conmemoración deste ano con dúas páxinas adicadas cos microrrelatos dos rapaces e rapazas do noso centro dende 1º ESO até 1ºBAC, demostraron a súa vea artística e literaria pois hai relatos mos xeitosos.

Unha das páxinas está ilustrada cunha bonita foto da nosa biblioteca e a outra cun retrato de Diego Piñeiro (de 2ºESO-C) sobre o autor.

Aquí están as dúas páxinas cos relatos e o demais. Se premes na imaxe podes ver o ficheiro pdf en grande para ler os relatos.

Advertisement

Mes cultural IV. Ano Maruxa Mallo

Dende a Real Academia Galega de Belas Artes  chamouse a adicar o 2017 á conmemoralo como “Ano Maruxa Mallo“.

Por iso, o Departamento de Plástica levou a cabo unha “performance” que serviu para pór de relevo as posibilidades creativas da expresión libre.

Aquí tedes tamén o vídeo que  amosa unha interesante experiencia.

Mes cultural III. Exposición: Territorio das artes

Aproveitando que este ano o lema das Bibliotecas Escolares era “Territorio  das artes“, presentamos a exposición que levamos a cabo a comezos deste mes con fondos  da Biblioteca relacionados coas artes (libros de arquitectura, películas sobre artistas, Banda deseñada…) e, ao mesmo tempo, presentouse a actividade titulada co lema “Outras miradas” na que o alumnado de Plástica amosaba a súa interpretación de diversas obras artísticas.  Aquí tedes o vídeo das súas exposicións.

Mes cultural I. Pedro Feijóo

Comezamos presentado xa todo o material que fomos realizando neste último mes que entre exames e outros traballos se nos foi acumulando. Todos estes materiais que iremso amosando parte do Día do Libro (23 de abril) até o Día das Letras Galegas (17 de maio) E principiamos coa charla ofrecida por Pedro Feijóo.

É un autor actual que xa ten varias novelas no mercado e que ademais de conseguir coa primeira (“Os fillos do mar“) ser finalista do Premio  Xerais no 2011, tamén conseguiu por dúas veces acadar o Premio Arcebispo San Clemente, a segunda vez con “A memoria da choiva“.

Por outra banda, falta moi pouquiño para que no vindeiro mes de xuño a novela “Os fillos do lume” estea xa nas librarías.  O mes pasado estivo no noso centro, falando das súas novelas, dos argumentos, de Vigo como escenario e todas aquelas cuestións que o noso alumnado formulara. Despois da charla, asinou algúns dos exemplares, como vemos na seguinte composición.

Se queres saberes máis, aquí tes o seu Twitter por se queres seguir os seus chíos,e esta é aquí está a ficha que ten na editorial.

VIAXE DOS ALUMNOS DE 2º E 3º DE ESO A MADRID


 

 

 

 

 

 

Pulse aquí ou sobre a imaxe da dereita para ver fotos da viaxe

O Departamento de Relixión Católica organizaou unha viaxe a Madrid os días 12 e 13 de maio. Os alumnos do IES Lucus Augusti estiveron acompañados polos rapaces do IES Ollos Grandes, IES San Xillao e IES Muralla Romana, todos estos de Lugo capital. Tamén viaxaron os alumnos do IES de Melide, do CPI de Pontecarreira, do IES de Monterroso e do CPI Armando Cotarelo Valledor de Boimorto.

Visitaron a Catedral da Almudena e o Pazo Real. A continuación fixeron un tour en autobús polo Madrid dos Austrias e con parada, a maiores, no Santiago Bernabeu.

O dia seguinte pasárono integramente no parque temático propiedade da Warner. Unha vez rematada a diversión neste parque colleron rumbo de volta cada un a súa localidade de orixe.