Enquisa fin de curso

A piques de chegármonos á fin do curso chega o momento de ir facendo balance. Moitas actividades foron as realizadas neste curso, mais para vos ofrecer, aínda, un mellor servizo, deseñamos unha sinxela enquisa para que, anonimamente, se queres, nos fagas chegar as túas suxestións e puntúes o realizado ata este momento.

Os usuarios son a parte máis importante de todo este proceso que comezou hai pouco tempo; e os usuarios deben colaborar, participar, aprender, suxerir e, mesmo, avaliar. Para poder facer isto último tan só debes premer na imaxe que está aí abaixo e cando saia o cuestionario -tardarás menos de dous minutos- ler os enunciados e picar na puntuación que che pareza mellor. A nós vainos servir para comezar o vindeiro curso, con máis folgos e máis ideas. No derradeiro apartado, podes engadir o comentario que che pareza:  o que che parece ben, o que é mellorable, ou mesmo, suxestións de compras para o vindeiro curso.

Ánimo e a participar. Grazas. E feliz verán..

Imaxe votar

 

Advertisements

Lecturas para o verán

Velaquí tedes as recomendacións do Equipo da Biblioteca para o verán. Procurouse facer algo variado con DVD’s e Banda Deseñada e tamén libros de lecer e tamén libros bonitos con contido.; para o alumnado da ESO e do BAC. Esperamos que vos guste e que pasedes boas vacacións.

E non vos esquezades de facer a enquisa que se colocará en poucos días para que avaliedes e opinedes sobre o traballo desenvolvido este ano na Biblioteca.

EXPOSICIÓN DE TRABALLOS FEITOS POLOS ALUMNOS DE PLÁSTICA

Para ver as fotos da exposición pulse aquí

Para ver os traballos dos alumnos durante o segundo trimestre pulse aquí

Para ver tódolos traballos dos alumnos pulse aquí

Estos días pódese contemplar no recibidor do institituto unha exposición dos traballos de plástica feitos polos alumnos ao longo do curso. É unha pequena mostra xa que por cuestión de espacio é imposible poñer físicamente tódolos traballos á disposición do público. Para facer unha visión completa poden picar nos enlaces arriba indicados.

HOMENAXE A JOHN ALBRIGHT

Pulse aquí ou sobre a imaxe para ve-las fotos da representación. Máis abaixo atoparás un vídeo cuha escena da representación onde intervía John.

Os alumnos de 2º de ESO levaron a cabo unha representación teatral en honra de John Albright. Empregaron o galego e o inglés mesturando ambos nunha divertida comedia. Foron dirixidos pola profesora Dona Elena Arias.