Concurso

A maiores da exposición que segue no vestíbulo, desta volta, anunciámosvos un concurso para a realización dun marcapáxinas que teña como obxecto espallar a conmemoración do 175 aniversario do centro. Hai que apurar porque o tempo bótase enriba e remata o vindeiro 8 de novembro.

Para coñecer as bases do concurso, preme na imaxe e verás todo nun pdf.

Por suposto, haberá premios, e xa adianto que serán importantes.

Ánimo e a participar.

Advertisement

175 aniversario

Este ano, polo mes de novembro celébrase o 175 aniversario da creación do noso centro. Creación como institución, claro; o edificio é bastante máis moderno. Con ese motivo, durante todo este curso 2017-2018 hanse celebrar unha morea de actos que sirvan de conmemoración do que foi e é o instituto máis antigo de toda Galiza e un dos dez máis antigos de toda España.

De todos eles iremos informando paulatinamente.

Exposición “Aqueles profesores…”

 

Inaugúranse os actos referentes ao 175 aniversario da creación do IES Lucus Augustcunha exposición adicada a aqueles grandes profesores que pasaron polo centro e deixaron a súa impronta no mesmo.

Recóllese documentación referida a todos eles coa nosa máis entrañable lembranza do seu paso polas aulas. Pódese contemplar no vestíbulo do Instituto.

Comezamos un novo curso

Xa levamos uns días dun novo curso e dende o espazo da Biblioteca queriamos aproveitar para vos da-la benvida. Especialmente a todos aqueles que entrades por primeira vez no noso centro e estes días estades a pasar pola Biblioteca para falar do carné, dos servizos e dos recursos que se ofertan a través dela.

Esperamos que sexan proveitosos e que participedes nas actividades que este ano se despregarán para celebrar o 175 aniversario do noso centro.