Premios Extraordinarios da ESO

Estamos de festa porque vén de saír a resolución final dos Premios Extraordinarios da ESO  correspondentes ao curso 2016-2017 e, este ano, hai unha alumna do noso centro entre os gañadores.

Trátase de Sofía Santos Ulloa, que xa tiña gañados varios premios de redacción e que, durante un tempo, fora tamén colaboradora nosa no blogue. Dende aquí queremos mandarlle os noso parabéns polo esforzo realizado e polo éxito conseguido.

Advertisement