CONCURSO DE MARCAPÁXINAS

175 ANIVERSARIO

CONCURSO DE MARCAPÁXINAS

O Instituto convocou un concurso de marcapáxinas adicado ao 175 aniversario. Houbo unha gran participación que llo puxo realmente difícil ao xurado encargado de falla-lo premio.

Resultou gañador YAGO RIVAS PANADERO cun resume da historia das sedes onde estivo en funcionamento o centro ata a actual na Avda. Rodríguez Mourelo facendo fincapé nas datas nas que funcionou en cada edificio. O reverso está adicado a tódolos anos transcorridos desde a súa fundación ata o ano actual. Noraboa a Yago que en breve recibirá o seu premio consistente nunha tablet e diploma.

Proba da gran participación foi a cantidade de finalistas que houbo na mesma. Todos levarán un diploma de lembranza da súa participación.

Na película que segue a este texto podemos contemplar tódolos traballos finalistas así como, por suposto, o gañador.

Advertisement

A terra de Ana

A editorial galega Kalandraka vén de pór a venda a última obra de Jostein Gaardner, no seu selo Faktoría K. Este é un noruegués, profesor de Filosofía e de Historia das Ideas nun instituto de Bergen, que conseguiu un gran recoñecemento internacional a mediados dos 90 cando publicou “O mundo de Sofía“. Neste libro, conseguira un enorme éxito na divulgación de ideas filosóficas polo seu tratamento case novelístico, no que un adulto falaba cunha rapaza que formulaba as súas dúbidas e as dúas inquedanzas.

Desta volta, no libro “A Terra de Ana“,  o tratamento é lixeiramente diferente e tamén o tema. Agora o tema non pode ser máis actual pois é o “cambio climático” e a resposta que lle damos como individuos e como sociedade. É un libro interesante, para todo tipo de públicos, e que axudará a que deamos coas claves do problema.

Esta é a sinopse do libro: “Nos seus soños, Anna é quen de albiscar un planeta agonizante no futuro, con moitas especies desaparecidas da face da Terra a causa da contaminación e do cambio climático. Evitar que ese escenario apocalíptico se faga realidade é o seu reto. “

Aquí podes ler un fragmento on-line, e se che gusta o podes coller na Biblioteca.