Recomendacións lectoras para o Nadal

Velaiquí tedes as recomendacións lectoras para as vacacións deste Nadal 2017. Hai algo de Banda Deseñada como a novela gráfica sobre o diario de Anne Frank, o último best-seller en España, Patria de Fernando Aramburu,  un clásico da literatura xuvenil como a “Matilda” de Roald Dahl, varios atlas visuais de Historia, ou a última obra de Jorge Mira que xa tiñamos aquí comentado.

E, para rematar, algo de feminismo con “Feminismo para principiantes“, unha obra para ter unha idea clara do tema. Especialmente recomendada para “eles”.

Que os disfrutedes!!!

Advertisement

Novas adquisicións

El Diario de Anne Frank. Ari Folman. (David Polnsky)

el diario de anne frank

Está considerada como unha das novelas máis esclarecedoras sobre a era nazi. Isto fixo que fora reeditada moitas veces e se crearan innumerables historias arredor dela.

Non obstante, nunca houbo un traballo gráfico sobre el. Pero Ari Folman e David Polonsky encargáronse de recrear o diario en cómic.

 


Feminismo para principiantes. Nuria Varela. (B de bolsillo)

feminismo para principiantes

Quen eran as sufraxistas? De onde procede a expresión mal entendida de “feminismo radical? Por que o feminismo foi ridiculizado e vilipendiado? Por que as feministas foron cualificadas de “marimachos”, feas ou sexualmente insatisfeitas? Como e onde xorde o término “violencia de xénero“? Cal é a ridícula relación entre feminismo e accidentes de tráfico? Que é a masculinidades? A partir destas e doutras preguntas, a autora repasa tres séculos de loita e dos seus líderes, e narra a aventura dunha axitación social que ningún outro movemento logrou manter viva tanto tempo.


Irène. Pierre Lemaitre. (Debolsillo)

A novela mais orixinal e poderosa dos últimos anos. O comandante Camille Verhoeven vive a vida perfecta. Está casado coa marabillosa Irène, coa que espera o seu primeiro fillo. Pero a súa felicidade remata tras un asasinato inusualmente salvaxe. Dado que a noticia se fai pública, a prensa arremete contra el e cada un dos seus movementos convértese en noticia na primeira páxina.

Verhoeven descobre que o asasino xa matara antes. Cada un dos seus crimes parece homenaxear a unha novela negra clásica, polo que os xornalistas lle poñen un alcume: “o novelista”. Aos que poden axudar a atopalo engádense a lista de sospeitosos: un libreiro e un profesor universitario especializado en ficción criminal. A investigación convértese así nun duelo intelectual e nunha aterradora carreira contra o tempo.


Los miserables. Víctor Hugo

los miserables

Parcialmente inspirada nun personaxe real, Eugéne François Vidocq, “Los miserables” narra a loita por redimirse do ex convicto Jean Valjean. Pero non se trata dun simple cadea de vicisitudes: Víctor Hugo fai desta novela unha reflexión sobre os problemas da súa época e cuestións trascendentais como a naturaleza do Ben e do Mal.

Os clásicos volven estar de moda. Neste caso, a partir da película presentada hai pouco tempo.


A que altura está o ceo. Jorge Mira. (Alvarellos Editora)

-a-que-altura-esta-o-ceo-

Velaquí una das preguntas que leva formulando o ser humano desde os albores da súa existencia: A que altura está o ceo? Este libro vainos dar a resposta. A esta cuestión. e a moitas outras. O físico e comunicador científico Jorge Mira realiza unha apaixonante viaxe no tempo. Comeza na época da Grecia clásica e chega ata os descubrimentos máis recentes sobre o universo. Despois de ler estas páxinas poderemos responder a cuestións como estas: Por que vemos o ceo azul ou o Sol amarelo? Como se puido saber a que altura están a Lúa, o Sol e os planetas? Como é posible calcular o lonxe que está unha estrela ou unha galaxia?Cal é a idade do universo? E o seu tamaño? Que quere dicir que o universo se expande? E a que o velocidade fai? É certo que foi un cura quen primeiro falou do Big Bang?


50 Conceptos de fotografía. Tecnología y técnicas. Brian Dilg. (Blume)

Desde a ciencia de converter a luz en información dixital ata as implicacións filosóficas de conxelar un momento no tempo, as grandes ideas abórdanse en unidades miniatura: dúas páxinas, 300 palabras e unha imaxe representativa cada vez. Inclúense fotografías recoñecidas mundialmente, desde os primeiros daguerrotipos ás obras e biografías contemporáneas máis innovadoras de fotógrafos destacados. Este conciso análise captará a curiosidade do lector e exporalle as novas ideas sobre as cámaras, a fotografía e a cultura visual que lle rodea.


Teorías económicas sugerentes y desafiantes. Donald Marron. (Blume)

50-teorias-economicas-sugerentes-y-desafiantes

Un enfoque revolucionario para entender as teorías económicas máis importantes. Explícanse as ideas económicas máis complexas, utilizando non máis de dúas páxinas, ao redor de 300 palabras e unha imaxe. Desde o marxismo ata o mercantilismo e todo o que hai entre ambos: un curso acelerado definitivo sobre a teoría económica. Economía keynesiana, capitalismo de libre mercado, monetarismo, teoría dos xogos, a man invisible, todos estes conceptos son explicados de forma sinxela e apoio visual.

30 de NOVEMBRO – 175 ANIVERSARIO do IES LUCUS AUGUSTI

O día 30 de novembro de 2017 o Instituto Lucus Augusti de Lugo celebrou o seu 175 aniversario logo de ter sido fundado en 1842. A súa primeira sé foi o Seminario Conciliar de Lugo, hoxe edificio que alberga o Colexio dos Franciscanos. Foi pasando por distintas sés como o Colexio Compañía de Monforte, a Casa do Concello de Lugo, o edificio da Deputación Provincial, ata que definitivamente, no ano 1951, ocupou o actual edificio da Avda. Rodríguez Mourelo.

Ao longo da xornada foronse sucedendo diversas actividades para celebra-la efemérides.O colofón púxoo unha charla-coloquio coa presencia de diversas autoridades da política e da cultura.

– Para ver as fotos da perfomance “175 Anos Tendendo Cultura” pulse aquí

– Para ver as fotos da piñata pulse aquí

– Para ver as fotos sacadas pola mañán no photocall pulse aquí

– Para ver as fotos sacadas pola mañán coa figura do catedrático pulse aquí

– Para ver as fotos sacadas pola tarde no photocall pulse aquí

– Para ver as fotos sacadas pola tarde coa figura do catedrático pulse aquí

– Para ver as fotos da charla-coloquio pulse aquí