Libro en alemán

Hoxe presentámosvos unha adquisición un tanto curiosa. Trátase dun libro en alemán pero que non é unha lectura obrigatoria, para quen queira practicar a lectura nos días de lecer que se aproximan, entre o Entroido e a Semana Santa.

É a que foi a segunda novela do afamado autor de best-seller Dan Brown, e ademais é a primeira dunha serie de aventuras protagonizadas polo profesor Robert Langdon. Aínda que en alemán é Illuminati, aquí traduciuse como “Anxos e Demos“.


illuminati

Illuminati. Dan Brown. Bastei Lubbe Stars

O profesor de simboloxía Robert Langdon, recibe unha misteriosa chamada ás tantas da madrugada e vese envolvido nunha persecución na que tratará de evitar a destrución da Cidade do Vaticano. Acompañado da científica Vittoria Vetra, ambos deberán atopar a gorida dos Illuminati para deter a un home cuxo propósito é facer explotar a antimateria e destruír o altar principal da Igrexa xunto a todas as persoas que estean á súa ao redor.


 

Advertisement

SOFÍA SANTOS ULLOA TERCEIRA NO NACIONAL DE NARRACIÓN DE COCA-COLA

SOFÍA SANTOS ULLOA, na fase nacional do Concurso de Narración de Coca-Cola quedou terceira entre máis de 12.000 participantes. Recolleu o premio na sede da “Real Academia de la Lengua” en Madrid. O acto foi presentado por Luis Piedrahita e contou coa participación do presidente da Real Academia, Darío Villanueva.

Os nosos parabéns á nova promesa (xa feita realidade) das letras.

O pase de diapositivas require JavaScript.

SOFÍA SANTOS ULLOA, CAMPIONA GALEGA DO CONCURSO COCA-COLA DE NARRACIÓN

SOFÍA SANTOS ULLOAdo IES Lucus Augusti, colaboradora habitual deste blog, ficou campiona galega da 55 edición do “Concurso Coca-Cola Jóvenes Talentos de Relato Corto” logo de quedar campiona da zona de Lugo. En Galicia participaron un total de 760 concursantes, mentres que en España o número de participantes sumou un total de 12 400.

O vendeiro día 25 de xuño, como campiona galega, viaxará a Madrid para participar na fase estatal na sede da Real Academia Española e enfrontarse aos gañadores das restantes autonomías. Posteriormente permanecerá en Madrid, invitada por Coca-Cola, para participar durante dez días do “Campus Jóvenes Talentos“.

O pase de diapositivas require JavaScript.

Tamén podes ver galería de fotos na web do Instituto.

O maltrato nin en pintura

Con este título, presentamos este ano a conmemoración do “Día Internacional contra a violencia de xénero“. Entre o material ofrecido está un vídeo que fai referencia á exposición do vestíbulo titulada “O maltrato nin en pintura“.

En principio, estes recursos serían válidos para calquera nivel tanto da ESO como de BAC. O método que se propón para traballar na aula, consistiría en que os grupos pasaran a ver as láminas e escribiran no seu caderno o que lles suxiere cada unha das obras. Posteriormente, pódese realizar un debate entre o que escribiron e interpretaron e os pequenos comentarios de cada lámina que aparecen no guión posterior. O profesor ou profesora, dependendo do grupo e da súas conclusións, poderán moderar o debate no sentido que estimen como máis axeitado.

  • Contamos co vídeo do expositor coas láminas de arte:
  • E co guión con comentarios curtiños explicando o sentido das láminas dende o punto de vista artístico e cultural (para descargalo, preme na imaxe):

Que ves-imaxe

  • Aqui temos a versión extendida do mesmo vídeo coas láminas de pintura, mais tamén se lle engadiron frases e viñetas actuais:

 A maiores, en niveis superiores, tanto 2ºciclo da ESO como en BAC, pódese traballar sobre materiais máis específicos e que esixen unha maior capacidade de reflexión. Así, ofrécese un 2º guión, no que nunha listaxe se recollen tódalas vítimas do ano 2013, cun pequeno comentario das circunstancias do feito. Hai tamén un mapa por provincias no que se pode puntuar os lugares, e unha táboa de datos no que se indican a distribución por comunidades autónomas e unha gráfica na que aparecen reflectidas as vítimas anuais dende 1999 até o 2013 (para descargalo, preme na imaxe):

Gráfica vítimas

Finalmente, dúas ligazóns de onde se tirou gran parte da información e que se poden empregar para facer unha análise máis ampla:

Lecturas de verán

Hai poucos días publicáramos unha guía de recomendación para adultos, máis ben. a de Alice  Munro. Fixemos un último esforzo e aquí presentamos, xa a piques de rematar o curso, unha outra guía de lecturas para a xente nova, con algúns dos libros que andaban expostos estes días nos andeis de novidades.

Titúlase “Especial Coleccións“, porque son obras que constan de varios volumes: algún publicados e outros a piques de saír do preo. Esperamos que vos gusten e que  disfrutedes durante o verán.

especial coleccions

Alumno premiado

O alumno do noso Centro CARLOS LANZÓS LÓPEZ  (de 1ºBAC-F) vén de obter o 2º premio na II Edición do Premio de Ensaio Subversivo “Guillermo Domínguez”, que tódolos anos convoca o IES Xelmírez I de Santiago de Compostela. Tamén colaboran a Asociación Cultural  “Colectivo Xelmírez” e a Secretaría Xeral de Política lingüística. Premendo aquí, podedes ver a acta de resolución do premio.

cartaz-ensaio

Cartaz do II Premio de Ensaio Subversivo

Este premio está dirixido ao estudantado da Comunidade galega, que curse o segundo ciclo da ESO ou o Bacharelato, e no que se valoran ensaios de temática filosófica que promovan unha imaxinación crítica. O traballo polo que conseguiu o premio, leva por título “Ensaio sobre a sociedade, a feliciade e a personalidade“.

Dende aquí mandamos os nosos parabéns pola participación e o resultado acadado.

Recomendacións para o Arde Lucus

Presentamos as nosas recomendacións para este “Arde Lucus” que está a piques de comezar e nunha datas nas que xa se albisca a fin do curso. As lecturas son 3 obras de Santiago Posteguillo, un “profe” valenciano, que conforman unha triloxía sobre a figura de Publio Cornelio Escipión, o xeneral romano que na época republicana salvou a Roma da derrota fronte os cartaxineses na loita polo control do Mediterráneo.

Na triloxía podemos ver o ascenso da figura de Escipión dende que é un rapazolo que acompaña a seu pai á guerra (falamos das Guerras Púnicas), e como se convirte no “pater familias”  cando seu pai morre loitando contra Aníbal, e será Publio quen se convirta no cónsul romano que derrote a Aníbal tras cortarlle os subministros que lle chegan dende Hispania e, finalmente, como as intrigas da Roma republicana, provocan a súa caída.

Son 3 libros gordochos pero que enganchan e leranse dunha sentada. A narración é moi áxil e axuda a entender o funcionamento das institucións romanas e as cruentas batallas da aintigüidade.

posteguillo

Lecturas para o verán

Aquí vos deixamos a primeira das nosas suxestións para o verán. Aínda que subiremos algunha máis para que haxa variedade para todos os gustos, esta primeira consiste en calquera dos libros de Alice Munro, a última Premio Nobel de Literatura. Aínda que por aquí non é demasiado coñecida, si que ten moita sona en Norteamérica e durante as vindeiras vacacións pode ser un bo momento para introducirse noutras literaturas. Na guía, comentamos 3 dos seus libros que son os que temos na Biblioteca. Son un feixe de historias pequenas, pero que duran no tempo, nas cales as protagonistas son mulleres de todo tipo e condición. Están moi ben narrado, cunha linguaxe sinxela non exenta de lirismo. Pero que, seguro, nos deixarán un certo regusto no padal, obrigándonos a ler outra e outra, e outra historia.

Alice Munro

Presentación de libro

Acaba de chegarnos información da “Librería Biblos” sobre unha charla-coloquio con José de Cora, escritor, xornalista e director xeral do diario lucense El Progreso, ao redor da súa última novela La Navaja Inglesa. O acto terá lugar o vindeiro luns, 09/06/14, ás 20,00 horas na librería. A continuación temos o cartel que o anuncia.

cora