Entroido 2018

CONCURSO DE COMPARSAS

Aquí tedes un vídeo a partir das fotografías realizadas durante o festival

Advertisements

30 de NOVEMBRO – 175 ANIVERSARIO do IES LUCUS AUGUSTI

O día 30 de novembro de 2017 o Instituto Lucus Augusti de Lugo celebrou o seu 175 aniversario logo de ter sido fundado en 1842. A súa primeira sé foi o Seminario Conciliar de Lugo, hoxe edificio que alberga o Colexio dos Franciscanos. Foi pasando por distintas sés como o Colexio Compañía de Monforte, a Casa do Concello de Lugo, o edificio da Deputación Provincial, ata que definitivamente, no ano 1951, ocupou o actual edificio da Avda. Rodríguez Mourelo.

Ao longo da xornada foronse sucedendo diversas actividades para celebra-la efemérides.O colofón púxoo unha charla-coloquio coa presencia de diversas autoridades da política e da cultura.

– Para ver as fotos da perfomance “175 Anos Tendendo Cultura” pulse aquí

– Para ver as fotos da piñata pulse aquí

– Para ver as fotos sacadas pola mañán no photocall pulse aquí

– Para ver as fotos sacadas pola mañán coa figura do catedrático pulse aquí

– Para ver as fotos sacadas pola tarde no photocall pulse aquí

– Para ver as fotos sacadas pola tarde coa figura do catedrático pulse aquí

– Para ver as fotos da charla-coloquio pulse aquí

 

CONCURSO DE MARCAPÁXINAS

175 ANIVERSARIO

CONCURSO DE MARCAPÁXINAS

O Instituto convocou un concurso de marcapáxinas adicado ao 175 aniversario. Houbo unha gran participación que llo puxo realmente difícil ao xurado encargado de falla-lo premio.

Resultou gañador YAGO RIVAS PANADERO cun resume da historia das sedes onde estivo en funcionamento o centro ata a actual na Avda. Rodríguez Mourelo facendo fincapé nas datas nas que funcionou en cada edificio. O reverso está adicado a tódolos anos transcorridos desde a súa fundación ata o ano actual. Noraboa a Yago que en breve recibirá o seu premio consistente nunha tablet e diploma.

Proba da gran participación foi a cantidade de finalistas que houbo na mesma. Todos levarán un diploma de lembranza da súa participación.

Na película que segue a este texto podemos contemplar tódolos traballos finalistas así como, por suposto, o gañador.

HALLOWEEN 2017

Para celebra-lo Halloween, o Departamento de Inglés representou a obra de teatro “The legend of Stingy Jack and other stories by…” na Biblioteca do Instituto. Participaron como actores John Albright, o noso lector de inglés, Xoán García, Sabela García e Carmen Sillars que fixeron unha grande actuación ante o numeroso público alí congregado.

Pulse aquí para ver fotos.

Exposición “Aqueles profesores…”

 

Inaugúranse os actos referentes ao 175 aniversario da creación do IES Lucus Augustcunha exposición adicada a aqueles grandes profesores que pasaron polo centro e deixaron a súa impronta no mesmo.

Recóllese documentación referida a todos eles coa nosa máis entrañable lembranza do seu paso polas aulas. Pódese contemplar no vestíbulo do Instituto.

EXPOSICIÓN DE TRABALLOS FEITOS POLOS ALUMNOS DE PLÁSTICA

Para ver as fotos da exposición pulse aquí

Para ver os traballos dos alumnos durante o segundo trimestre pulse aquí

Para ver tódolos traballos dos alumnos pulse aquí

Estos días pódese contemplar no recibidor do institituto unha exposición dos traballos de plástica feitos polos alumnos ao longo do curso. É unha pequena mostra xa que por cuestión de espacio é imposible poñer físicamente tódolos traballos á disposición do público. Para facer unha visión completa poden picar nos enlaces arriba indicados.

HOMENAXE A JOHN ALBRIGHT

Pulse aquí ou sobre a imaxe para ve-las fotos da representación. Máis abaixo atoparás un vídeo cuha escena da representación onde intervía John.

Os alumnos de 2º de ESO levaron a cabo unha representación teatral en honra de John Albright. Empregaron o galego e o inglés mesturando ambos nunha divertida comedia. Foron dirixidos pola profesora Dona Elena Arias.