LAS NACIONALIDADES

cabeceira

A Biblioteca do IES LUCUS AUGUSTI publica a dixitalización da revista LAS NACIONALIDADES que iniciou a súa andaina o día 20 de novembro de 1880. A colección que posee o centro chega ata o número 51, carecendo os exemplares números 6, 9, 25, 26, 45 e 49.

Pódese consultar  tanto na web do Instituto (http://ieslucus.gal) como neste blog.

Para acceder ás revistas pique aquí, na imaxe superior ou ben no menú BIBLIOTECA VIRTUAL situado na barra superior .

 

 

Advertisements

Fin de Festa

Como remate xa deste curso, colocamos aquí un traballo grupal e colaborativo realizado polos alumnos de 3ºESO-A e 3ºESO-C.

Comezou sendo un proxecto na materia de Ciencias Sociais-Xeografía de 3º da ESO no que se trataba de que eles, por grupos, traballaran un tema concreto do currículo de Xeografía deste nivel. Agrupáronse e, a partir, do contido teórico do libro, algún aporte de materiais existentes na Biblioteca, e doutras fontes, a Internet fundamentalmente, tiveron que realizar unha presentación que posibilitara poder estudar ese tema mediante este procedemento. Unha vez rematada, o voceiro ou voceira de cada grupo, tivo que expoñela na clase e atender as preguntas e as críticas do resto dos compañeiros. E despois afrontar o exame.

Unhas saíron mellor e outras algo menos, pero en todas houbo gañas e traballo arreo. Aquí presentamos quizais as que teñen uns valores concretos, que o profesor apreciou, pero tamén poderían estar outras. Poden servir para traballar secuencialmente o tema de “A Globalización“. Vós diredes se o conseguiron.

1.- A Globalización

[kml_flashembed publishmethod=”static” fversion=”8.0.0″ movie=”http://bibliolucus.blogaliza.org/files/2012/06/Unha-economia-globalizada-1.swf” width=”500″ height=”400″ targetclass=”flashmovie”]

Get Adobe Flash player

[/kml_flashembed]

2.- Os factores da Globalización

[kml_flashembed publishmethod=”static” fversion=”8.0.0″ movie=”http://bibliolucus.blogaliza.org/files/2012/06/Os-factores-da-globalización-2.swf” width=”500″ height=”400″ targetclass=”flashmovie”]

Get Adobe Flash player

[/kml_flashembed]

3.- Os efectos da Globalización

[kml_flashembed publishmethod=”static” fversion=”8.0.0″ movie=”http://bibliolucus.blogaliza.org/files/2012/06/Os-efectos-da-globalización-3.swf” width=”500″ height=”400″ targetclass=”flashmovie”]

Get Adobe Flash player

[/kml_flashembed]

4.- As institucións da economía mundial

[kml_flashembed publishmethod=”static” fversion=”8.0.0″ movie=”http://bibliolucus.blogaliza.org/files/2012/06/As-institucións-da-economía-mundial-4.swf” width=”500″ height=”400″ targetclass=”flashmovie”]

Get Adobe Flash player

[/kml_flashembed]

5.- As potencias tradicionais: a UE

[kml_flashembed publishmethod=”static” fversion=”8.0.0″ movie=”http://bibliolucus.blogaliza.org/files/2012/06/Potencias-tradicionais_a-Unión-Europea.swf” width=”500″ height=”400″ targetclass=”flashmovie”]

Get Adobe Flash player

[/kml_flashembed]

6.- As potencias tradicionais: Estados Unidos e Xapón

[kml_flashembed publishmethod=”static” fversion=”8.0.0″ movie=”http://bibliolucus.blogaliza.org/files/2012/06/Potencias-tradicionais_USA-e-Xapon.swf” width=”500″ height=”400″ targetclass=”flashmovie”]

Get Adobe Flash player

[/kml_flashembed]

 

7.- As potencias emerxentes: Brasil e Rusia

 

[kml_flashembed publishmethod=”static” fversion=”8.0.0″ movie=”http://bibliolucus.blogaliza.org/files/2012/06/Rusia-E-bRASIL.swf” width=”500″ height=”400″ targetclass=”flashmovie”]

Get Adobe Flash player

[/kml_flashembed]

 

Felices, e merecidas vacacións a todo@s!

Enquisa

Estamos a piques de chegarmos á fin do curso polo que chega o momento de ir facendo balance. Moito mudou a nosa Biblioteca, mais aínda máis ha de mudar. Por iso, para ofrecervos un mellor servizo, deseñamos unha sinxela enquisa para que, anonimamente, se queres, nos fagas chegar as túas suxestións e puntúes o realizado ata este momento.

Os usuarios son a parte máis importante de todo este proceso que comezou hai pouco tempo; e os usuarios deben colaborar, participar, aprender, suxerir e, mesmo, avaliar. Para poder facer isto último tan só debes premer na imaxe que está aí abaixo e cando saia o cuestionario -tardarás menos de dous minutos- ler os enunciados e picar na puntuación que che pareza mellor. A nós vainos servir para comezar o vindeiro curso, con máis folgos e máis ideas. Ánimo e a participar.

Imaxe votar

Presentación do libro “Outramente”

O Club Cultural Valle-Inclán presenta o libro Outramente de Pilar García Negro, editado por Laiovento. O acto, cuxa entrada é libre, terá lugar  este xoves, día 7 de xuño, na Galería Sargadelos de Lugo, ás 20,00 horas. Acompañarán á autora  Marica Campo, escritora; Lucía L. Baio, xefa de opinión que foi de Xornal de Galicia e  Tonina Gay, xornalista.

María Pilar García Negro (Lugo, 9 de Outubro de 1953) é profesora da  Universidade da Coruña. Autora de numerosos libros sobre lingua e literatura galegas. É directoraxerente da Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas. Obtivo o XV Premio “Vicente Risco” de Ciencias Sociais 2010 co volume O clamor da rebeldía. Rosalía de Castro: ensaio e feminismo. Foi corredactora da Declaración Universal de Dereitos Lingüísticos e pertence ao seu Comité Científico. Deputada no Parlamento Galego polo BNG desde 1989 a 2003.

Este novo libro “Outramente” recolle os artigos cos que Pilar García Negro colaborou asiduamente  durante  vinte e dous meses, desde Outubro de 2009 até Agosto de 2011, en Xornal de Galicia. Os artigos aquí contidos recollen as sucesivas entregas até o mesmo momento en que a superioridade decidiu clausurar a edición escrita en papel e, posteriormente, cerrar a dixital.


 

Por fin, abrimos.

Aínda que con algo de retraso, debido a exames varios e a memorias e proxectos, xa podemos presentar ao mundo, con orgullo, a nosa Biblioteca. Para moitos será quizais algo convencional, pero só nós sabemos o que nos costou chegar até aquí. E xa imos lanzados. Esperamos que vos guste. E coma sempre, admítense suxestións e, mesmo, críticas.

[kml_flashembed publishmethod=”static” fversion=”8.0.0″ movie=”http://bibliolucus.blogaliza.org/files/2012/06/Biblioteca-do-IES-“Lucus-Augusti”.swf” width=”450″ height=”350″ targetclass=”flashmovie”]

Get Adobe Flash player

[/kml_flashembed]

Promoción 2012 (2ª parte)

Despois de moitos días de exames e nervios e atender tamén moitos asuntos, chegou o momento de colocar o videoclip que realizaron, entre outros, os alumnos de 2º BAC Adrián Luaces e Elena Rodríguez para alegrarnos uns instantes o acto de Graduación de 2º BAC desta promoción de 2012. Agardamos que os novos destinos nas diferentes facultades sexan tan divertidos, como estes pasados no IES. Sorte a todos. Que os disfrutedes. Ah, e non vos asustedes polas primeiras imaxes, que son algo irregulares, pero “o mellor vén de contado”.

[kml_flashembed publishmethod=”static” fversion=”8.0.0″ movie=”http://bibliolucus.blogaliza.org/files/2012/05/Graduación-2012-lucus.swf” width=”470″ height=”420″ targetclass=”flashmovie”]

Get Adobe Flash player

[/kml_flashembed]

Hoxe recomendamos: Murado

Xa temos as primeiras colaboracións de libros que nos gustaron. Nesta ocasión, unha profesora, Araceli, recomenda o libro de Miguel Anxo Murado, “Otra idea de Galicia“.

Para min foi unha delicia a lectura do libro Otra idea de Galicia do lugués Miguel-Anxo Murado. Chegou ás miñas mans grazas a unha amiga. Axiña o recomendei á miña vez e, sen excepción, todos os que o lían desexaban comentarme o moito que lles gustara.

Tres son as razóns básicas que me animan a recomendalo encarecidamente: en primeiro lugar, a súa amenidade, baseada nunha linguaxe actual, dinámica e nada academicista. En segundo lugar, pola visión que ofrece de Galicia, rompendo tópicos e buscando entender a esencia profunda da nosa terra e xentes. E, finalmente, porque aprendemos sobre as múltiples realidades de Galicia de xeito reflexivo, sen deixar nunca de gozar coa ironía e a boa escritura do autor.


Se queres máis información, podes comezar pola web do propio autor, onde fai un pequeno comentario sobre este e outros libros escritos por el. Que os desfrutedes.

Promoción 2012

Aínda que estes días non respiramos tampouco nós polos exames de 2º de BAC, as notas, as avaliacións… achamos un anaquiño de tempo para facérmonos eco da nova aparecida no xornal “El Progreso“.

Nela faise un pequeno comentario sobre o acto de graduación dos compañeiros de 2ºBAC que, xa despois, na noite de troula, están a preparar os exames de Selectividade. De momento, poñémosvos algunha das súas imaxes e a ligazón da noticia. En breve, teremos as nosas fotos do acto.

Museo de Lugo-Exposición de Blas Lourés

No Museo Provincial de Lugo durante este mes e até o 17 de xuño exporase a obra pictórica da carreira do Fillo Predilecto de Lugo, Xesús BLAS LOURÉS. O pintor é o último representante vivo da chamada  “Xeración  dos Urogallos“, que englobou a xente tan destacada como Tino Prados, Tino Grandío, López Guntín… en pintura e que, estivo tan relacionada coa intelectualidade (Uxío Novoneira, Fole, Pimentel … e tantos grandes) e; estando toda a súa obra tan centrada en Lugo, Quiroga, A Riveira Sacra, o rural galego … semella IMPRESCINDIBLE unha visita á devandita exposición.

Blas Lourés-Sestiña (1979)

Aínda que a exposición ten interese dabondo para calquera afeccionado ou non á pintura, tamén debemos salientar aquí que o día 5 de xuño, ás 8 do serán, no Museo, haberá tamén unha Mesa redonda sobor da obra pictórica de BLAS LOURÉS en relación coa Literatura, a cargo de Paco Martín (mestre e escritor), Camilo Gómez Torres (antigo catedrático do noso centro), Antonio Reigosa (autor de “Lu e  Go sobre a muralla” e traballado no Departamento de Didáctica do propio museo provincial) e o propio pintor Blas Lourés.)

De momento, para ir abrindo boca, podes botarlle unha ollada ao seguinte artigo que está na web do Museo sobre o pintor.