17 de maio- Día das Letras Galegas

Desta volta, para participar na conmemoración do Día das Letras Galegas, decidimos facer unha pesquisa de recursos sobre Mª Victoria Moreno e presentalos dun xeito algo diferente.

Ao mesmo tempo, tamén pretendiamos unir esta conmemoración con outra que se celebra o mesmo día, 17 de maio, pois, noutros eidos, é o día da Internet. Para iso, presentamos unha parte dos recursos en formato de códigos QR. Para podelos ver tes que ter no teléfono móbil unha aplicación para ler estes códigos. Tanto na App Store (para IOS) como na Play Store (para Android) hai lectores de balde.

Velaquí tedes unha pequena escolma dos que foron colocados por todo o centro. Hai dende vídeos, enderezos de internet ou ligazóns a Pinterest e á Galipedia


Vídeo da RAG sobre a autora

 

 

 

 

 

 


Vídeo realizado polo do concello de Pontevedra 

 

 

 

 

 


Vídeo do CPI Os Dices-Rois, onde os rapaces confeccionan un TeleXornal.

 

 

 

 

 


Ligazón ao artigo de Mª Victoria Moreno, na Galipedia


Ligazón ao Pinterest, onde se atopan carátulas de moitas das súas obras.

Advertisements

LETRAS GALEGAS 2018

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2018

O IES Lucus Augusti conmemora o Día das Letras Galegas 2018 adicado á escritora estremeña María Victoria Moreno (antiga profesora neste centro) con diversos actos.

Comeza cunha exposición adicada a aqueles escritores que foron homenaxeados no seu día con esta distinción para continuar cunha charla de Marilar Aleixandre, membro da Real Academia Galega, sobre a súa obra “A Expedición do Pacífico” e para facer unha semblanza da autora a quen se lle dedica o Día das Letras Galegas.

Estos actos continúan coa exhibición dunha pancarta alusiva ao día especificado así como unha exposición de carteis coa vida e obra da homenaxeada.

Para completar a celebración colócanse carteis con códigos QR polo instituto con información relativa ao Día das Letras Galegas así como da propia María Victoria Moreno.

Mes Cultural V. Día das Letras

Xa imos rematando con tódalas actividades que tiñamos para subir ao blogue e, aínda que imos ás carreiras, xa está aquí a anteúltima actividade.

Polo Día das Letras Galegas, este ano adicado a Carlos Casares, no vestíbulo pódese ver a exposición de fondos, libros e demais. Pero este ano, temos algo especial: o Certame de Microrrelatos organizado polo Departamento de Lingua Galega.

Quedou tan ben, que o xornal da nosa cidade “El Progreso“, ilustrou a conmemoración deste ano con dúas páxinas adicadas cos microrrelatos dos rapaces e rapazas do noso centro dende 1º ESO até 1ºBAC, demostraron a súa vea artística e literaria pois hai relatos mos xeitosos.

Unha das páxinas está ilustrada cunha bonita foto da nosa biblioteca e a outra cun retrato de Diego Piñeiro (de 2ºESO-C) sobre o autor.

Aquí están as dúas páxinas cos relatos e o demais. Se premes na imaxe podes ver o ficheiro pdf en grande para ler os relatos.

Día das Letras Galegas 2016

Este ano, xa é sabido, o Día das Letras está adicado a Manuel María, poeta de Outeiro de Rei. Nós, para conmemorar o día, levabamos tempo preparando un recitado de poemas del realizado por alumnos e alumnas de 1º e 2º da ESO. Por fin, xa podemos presentar o resultado.

Tamén presentamos un feixe de recursos que se poden empregar na clase ou que se poden ver na rede como complemento. En primeiro lugar, un vídeo realizado polo Equipo da Biblioteca no que se presentan algunhas das súas obras e algúns dos seus versos, que podedes ver de seguido.

A Fundación da Casa Museo Manuel María, ten na súa folla web diversos materiais como son os seguintes (para acceder a eles, hai que premer na palabra):

Tamén o portal da RAG, ten un apartado onde salienta o seu papel como autor e finalmente, un recurso que nos parece moi suxestivo é unha liña do tempo interactiva realizada no IES San Paio, que sen dúbida ha gustarvos.

Finalmente, toda unha morea de recursos, recompliados pola Coordinadora Galega de Equipos de Dinamización e Normalización Lingüística, entre os que destacan o rap realizado por alumnos de Oural, presentacións diversas e unha biografía do autor conmemorado este ano.

EXPOSICIÓN DE MATERIAL BIBLIOGRÁFICO SOBRE MANUEL MARÍA

Estes días pódese visitar no recibidor do centro unha exposición sobre material bibliográfico sobre MANUEL MARÍA organizada polo Departamento de Lingua e Literatura Galega, por mediación do profesor D. Manel Matalobos, en colaboración coa Biblioteca.  Proximamente, publicaremos unha reportaxe fotográfica cos fondos expostos máis relevantes.

Manuel Maria 01

17 de Maio – Día das Letras Galegas

No vestíbulo do Centro, despregouse a pancarta que sirve para nos indicar a conmemoración do Día das Letras Galegas, que este ano está adicado a X.V.Filgueira Valverde.

IMG_20150514_101634

Desta volta, confeccionouse unha Guía de Lecturas para a ocasión, un Díptico sobre o autor homenaxeado e unha listaxe, para os titores e titoras, cun feixe de recursos variados para poder traballalos nas clases ou nas horas de Titoría, dos cales ímovos amosar algún deles.

En primeiro lugar, temos unha vídeo-creación realizada polo obradoiro de Animación “Bicharte” para a Coordinadora Galega de ENDL: “O dia das letras galegas, presume e comparte

Tamén destacamos este video realizado por AFUNDACION, que depende de ABANCA, á quen lle temos que agradecer que se acorde desta significativa data para facer un anuncio na lingua propia do país. É un fermoso vídeo titulado: “Empápate co galego“.

Os titores e titoras teñen un díptico (adaptado do orixinal do Seminario Galán) e a Guía de lecturas recomendadas para esta data e unha listaxe cun feixe de recursos visuais para proxectar nas clases.a Guía distinguimos entre obras recomendadas para a ESO, entre as que destacan a Triloxía de Dolores Redondo  ou a tamén triloxía sobre “o mundo secreto de Basilius Hoffman“.

Para BAC, predominan obras de tipo sociopolítico en consonancia cos tempos electorais nos que andamos. Dende a entrevista a Xavier Vence, até o libro do periodista lugués Anxo Lugilde “De Beiras a Podemos“, que é unha crónica política recente, ou o  libro de Antón Baamonde “A derrota de Galicia” ou “Contra a morte das linguas. O caso do galego“, de Miguel Moreiras; obras todas elas que nos chaman á reflexión sobre o momento actual político e tamén lingüístico.

Finalmente, a Guía deste ano está deseñada para que se dobramos polas liñas oblícuas dunha das caras, sáenos unha especie de avión que cando se desprega aparecen as recomendacións de lectura, e cando se dobra, pódese empregar para que as obras dos nosos autores voen polo aire e se difundan.

Pódense acceder ao Díptico e á Guía premendo nas imaxes seguintes.

Clip_2Clip_3

Para rematar, a particular homenaxe a Rosalía dun grupo de rapazas do noso centro, na que versionean un poema de Rosalía.

Apoiamos .gal

Hai moito tempo que colacamos, na parte inferior, do blogue un banner de apoio á asociación PuntoGal. En xullo do ano pasado, o ICANN (o organismo que decide / crea / permite) os dominios da Internet, daba paso á creación do dominio .gal de xeito definitivo e reservaba, nunha primeira fase, un feixe de dominios para institucións. Dende aquela non quedaron quietos, e para conmemorar o Día das Letras xa aparecen un feixe de empresas que ofrecen a contratación do dominio, cunha promoción durante este mes, a metade de prezo.

Hoxe, a Xunta anuncia que, progresivamente, todos os seus dominios iranse trasladando ao .gal de xeito progresivo. Xa hai máis de 2.000 dominios. O do noso IES é un deles.

ieslucus-gal

17 maio 2012- Día das Letras Galegas

Por se aínda é necesario, semella que si, argumentar para defende-la lingua, aquí temos un video da autoría de Manuel Núñez Singala e de Manuel Bermúdez Blanco (do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela), no que se refieren ao papel das linguas e ao galego como lingua minoritaria.

Que opinas?

17 de Maio- Día das Letras Galegas e da Internet

Xa faláramos, noutras ocasións, sobre a feliz  coincidencia nos 17 de maio como Día das Letras Galegas e como Día da Internet. Este é un campo fundamental para que a lingua perviva, se ten que pervivir. Por iso, hoxe colocamos esta imaxe publicada en tecnoloxía.org na que se unen esas dúas ideas: galego+internet.