Libros clásicos


Aquí temos un conxunto de ligazóns a diversas obras clásicas que son lecturas obrigatorias, fundamentalmente, no Departamento de Lingua Castelá.

Son obras libres de dereitos de autor polo tempo transcorrido, e tampouco teñen dereitos de edición, ben por ser parte dalgún proxecto libre (como por exemplo, o Proxecto Gutemberg) ou porque os autores liberaron a obra (caso de Luarna, que declina a responsabilidade sobre a edición).

Tamén se colocan para que, en caso de necesidade, porque non hai exemplares físicos na Biblioteca, ou porque non queremos ou non podemos mercalas, as poidamos empregar sen ningún tipo de impedimento. Pódense descargar, por tanto, de xeito libre. Estarán, preferentemente en formato PDF ou EPUB, para podelas ler nun teléfono móbil, nunha tableta ou nun lector de libros dixitais. É outra opción.

Igualmente, en tódolos casos, se indicará a fonte de orixe. É unha cuestión de educación -ou de “net etiqueta”- e tamén é un recoñecemento do traballo realizado para que todos nos beneficiemos dunha Internet libre e de balde no eido cultural.

De momento, comezamos con estes títulos. Aquí tedes as imaxes dos títulos que se poden descargar en formato PDF. Para facelo, hai que premer sobre o título que aparece debaixo do conxunto de imaxes. Progresivamente iremos incorporando máis obras. Que vos aproveite.

 

 

 

************************************************************************************************

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s