Lingua e Literatura galegas


Este é o apartado de ligazóns das materias do Departamento de Lingua Galega. Aquí atoparás follas web, ou blogues con apuntamentos, recursos, exercicios ou curiosidades sobre lingua galega ou literatura galega. Para acceder, tan só hai que premer na imaxe. Na parte da dereita tes un pequeno comentario sobre esa web ou blogue.


criticaliaBlogue de Armando Requeixo (profesor e crítico literario) no que se realiza crítica literaria. Trata, sobre todo, de obras do mundo cultural en galego tanto clásico coma actual. É todo un referente.

dubidas

Blogue de César Lorenzo Gil (xornalista, que traballou de corrector lingüístico no xornal A Nosa Terra), no que soluciona moitas dúbidas de usos lingüísticos: cal é o termo galego corrcto, por que unha palabra é un castelanismo etc.

asdebolboretaBlogue realizado por Pilar Ponte (profesora de secundaria), que resulta ser unha guía de lectura (dixital) sobre o libro do mesmo título de Rosa Aneiros na que se analizan tódolos aspectos do libro. Moi aproveitable.

portal das pañabras

Portal das Palabras é unha web da RAG e da Fundación Barrié na que temos varios tipos de recursos lingüísticos: dicionario, sinónimos, xogos, a palabra do día, vídeos e todo tipo de actividades arredor da palabra.

aprendo galegoEste é o enderezo de Twitter de Aprendo Galego. Para aprender vocabulario rapidamente e dun xeito case inconsciente. Pódese premer para ser seguidor/a e recibir as notas en tempo real. Un gran recurso.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s