15-M

Para conmemorar o 15-M, presentamos a seguinte recomendación, na que poderedes ver no folleto un pequeno comentario de 3 libros que, pensamos, son o suficientemente representativos do que supuxo o movemento e todo o que se está a producir neste período de crise. En primeiro lugar, un libro xa coñecido o “Indignádevos” de Stéphane Hessel, que deu nome ao movemento dos “indignados”. É un pequeno folleto no que se indica que a indignación é o paso previo para a demanda de xustiza e para que a poboación pule por reclamar os seus dereitos. Premendo no seu nome podes ver unha pequena reseña biográfica na Galipedia e tamén podes descargar a versión galega do folletiño.

Stephane Hessel

Stéphane Hessel (Fonte: Galipedia)

O segundo, “Reacciona“, é a resposta española a ese libriño. Unha morea de autores dende diversos campos -a política, a econñomía, o periodismo, a xustiza- comentan diversas causas que propiciaron a crise actual e as posibilidades de superala. E en terceiro lugar, “A la puta calle“. Con este rechamante título, Cristina Fallarás, periodista, que foi despedida do medio onde traballaba cando estaba no oitavo mes de embarazo e, como consecuencia, acabou perdendo a súa case e, sese libro, relata a crónica do seu desafiuzamento.

Cos tres libros, coidamos que estamos diante dunha interesante escolma.

15_M_1

Advertisements

Stéphane Hessel

Onte, 27 de febreiro, erguémonos coa noticia da morte de Stéphane Hessel. Persoa de vida azarosa e rica -naceu en Berlín en 1917, fuxiu a Francia durante a II Guerra Mundial, participou na Resistencia francesa contra os nazis por quen foi detido recluído no campo de concentración de Buchemwald-, pasará á historia por ser unha das persoas que redactaría, ao remate da devandita guerra, a “Declaración dos Dereitos Humanos” en 1948.

Voltou de novo á palestra pública cando, en 2010, presenta unha obra titulada “Indigne-vous” na que fai referencia á situación do momento debido á crise que xa comezaba a se manifestar en Europa e, en especial, nos países do sur de Europa. Esta obra é a que aparece como a teorización de movementos como o “15-M” ou “Democracia real, ya“.

A obra tivo un impacto inmediato e foi traducida a varios idiomas -entre eles o galego-  e podédela ler na Biblioteca. A continuación, podedes ver un video do programa de RTVE, “Informe Semanal”, que se lle adicou en abril de 2011. Hai que advertir que no comezo o son está algo desacompasado coa imaxe pero, a pesar diso, segue sendo un documento interesante.  Aínda non pasaron dous anos e semella que foron ducias!.

 

(Nota: Pódese descargar o libriño en formato PDF, dende a ligazón principal de Hessel na Galipedia que aparece na parte superior desta nota).