DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

violenc-xenero-16

Desde 1981 Latinoamérica, e o resto do mundo, conmemora cada 25 de novembro o día contra a violencia de xénero. Os movementos feministas da rexión, cunha das taxas máis altas de violencia contra a muller, acuñaron esa data en honra ás dominicanas Minerva, Patria e María Teresa Mirabal, tres irmás asasinadas o 25 de novembro de 1960 por orde do ditador Rafael Leónidas Trujillo, do que eran opositoras. Anos máis tarde, en 1999, a ONU sumouse á xornada reivindicativa e declarou cada 25 de novembro Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller, en honra ás irmás Mirabal.

O Equipo da Biblioteca do IES Lucus Augusti quere concienciar a toda a comunidade educativa sobre esta lacra mediante mensaxes visuais a través de siluetas. Aquí témo-lo vídeo de todo o exposto polo centro adiante.

E se queres ve-las fotos, preme  aquí .

“25 de novembro”. Fin da exposición.

O vindeiro venres día 5 rematará a exposición en conmemoración do 25 de novembro. Foi moito o traballo e tamén os días de exposición e proveito que se tirou dela. Pero agora, para rematar, presentamos o vídeo que pecha tódalas actividades realizadas.

Aparece no vídeo todo un resumo das actividades realizadas nestes días. Por exemplo, a tea que une solidariedade e apoio contra o maltrato, e que se podía ver no teito do vestíbulo (aquí pódese ver un carrusel con parte do proceso de entretecido e colocación). Tranqui. Tarda un pouquiño en cargar, pero carga.

This slideshow requires JavaScript.

Mención a parte merece a colaxe en lenzo realizada, expresamente para a exposición, por Obed –un noso alumno de 1º de BAC– que serviu como cartel anunciador da exposición, que se pode ver a continuación.Obed-lenzo

Tamén hai que mencionar a escolma das láminas da presentación publicada en días anteriores e das mensaxes colocadas por toda a exposición. Ou as fotos que tiramos do libro de Gervasio Sánchez, “Mujeres women: Afganistán” e que empregamos para amosar e complementar a situación da muller noutras áreas xeográficas, neste caso adicado a Afganistán.

Esperamos que vos preste o vídeo. Sen pecar de falsa humildade, coidamos que Demetrio realizou un bo traballo con el. Velaí o tedes.

A “performance”.

Para conmemorar a data do Día Internacional contra a Violencia de Xénero” no Centro, organizado polo Departamento de Orientación e co apoio de profes varios, como Luisa, e da Biblioteca, levouse a cabo unha “performance“, é dicir unha representación simbólica na que aparecían ciscadas polo vestíbulo as típicas frase machistas que, seguro, máis dunha vez temos oído. Como parte da representación, un grupo de alumnos e alumnas arrincaron os murais que contiñas esas frases ferintes, e enarbolaron carteis con frases que sanan e axudan. Finalmente, os globos que caían do piso superior crearon un ambiente festivo. Aquí temos o vídeo que resume o acto.

25 de novembro: Día contra a violencia de xénero (II)

Xa están aparecendo no noso Centro diferentes actividades, organizadas por departamentos e por titorías, para conmemorar o Día no que se quere facer unha chamada á concienciación para desbotar a violencia de xénero da nosa sociedade. Nós tamén queremos deixar o noso gran.

Así, mirando pola arañeira (internet), vimos unha campaña que organiza a Deputación de Sevilla, que nos chamou a atención porque nun cartel se chamaba á complicidade de todos para facer fronte a estes sucesos. A denuncia destas situacións prodúcese sempre cando o fenómeno xa está avanzado, pero no que debemos traballar é nunha maior concienciación para que non se produza. O cariño é unha arma moi poderosa (“all you nead is love“, dicían  The Beattles).

Así, a partir dun cartel, creamos esta animación para contribuír á conmemoración.

[kml_flashembed publishmethod=”static” fversion=”8.0.0″ movie=”http://bibliolucus.blogaliza.org/files/2012/11/25-novembro-violencia-xenero.swf” width=”500″ height=”400″ targetclass=”flashmovie”]

Get Adobe Flash player

[/kml_flashembed]