Aquí temos outra das nosas aportacións. Hoxe debe ser un día de festa, de esperanza, e nós, aparte do resto de notas anteriores, tamén queremos aportar o noso grauciño no centro coa exposición do vestíbulo. Velaí témolas fotos.
8 de marzo
8 de marzo-3
Como conmemoración desta data, este ano hai un movemento mundial que convoca as mulleres a faceren folga para que o mundo se decate do que pasaría se non estivera a metade da humanidade. Tódolos xornais e medios de comunicacións de masas publicarán e editarán novas de todo tipo sobre a súa repercusión.
Nós, preferimos o local. Presentámosvos un video dunha rapaza de Monforte, que a ritmo de rap, expresa as súas ideas sobre o asunto. A ver que vos parece.
8 de marzo-2
Hoxe sería un dos días máis felices dun enorme artista, non só debuxante, que nos deixou hai pouco tempo ecque fixo da defensa da condición feminina un dos seus sinais de identidade. Como non, falamos de Forges , Antonio Fraguas segundo o seu DNI.
Aquí temos unha escolma dos seus debuxos, que son auténticos manifestos.
8 de Marzo
Wikimaratón: Día Internacional da Muller
O vindeiro sábado 10 de marzo de 2018 vaise realizar o primeiro wikimaratón do Día Internacional da Muller que será realizado na cidade de Ourense en colaboración coa concellería de Igualdade da cidade.
Este evento é unha das actividades do décimo quinto aniversario da Galipedia, que se cumpre tamén, curiosamente, o 8 de marzo.
Neste evento traballarase na creación, ampliación e mellora de artigos biográficos de mulleres destacadas na historia para mellorar e aumentar a súa visibilización na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Se queres participar, en directo acudindo a Ourense, ou virtualmente a través da rede, seguro que che ha gustar, tan só tes que premer no cartel anunciador para conseguires máis información.
DÍA DA MULLER TRABALLADORA
8 de MARZO – DÍA DA MULLER TRABALLADORA
O pasado 8 de marzo quixemos celebrar o Día da Muller Traballadora dun xeito diferente. O grupo Femininoplural (Silvia Penide e Carla López) interpretou cancións que escribiron mulleres pero que foron versionadas por homes.
FEMININOPLURAL xorde da necesidade de amosar o importante percorrido de diversas mulleres autoras no transcurso da historia da humanidade. Trátase de dar visibilidade e relevancia absoluta á figura da muller autora, que moitas veces permaneceu nun segundo plano.
O percorrido dá comezo coa figura de Clara Schumann para seguir con Violeta Parra, Guadi Galego e Consuelo Velázquez entre outras. Unha viaxe que anima a desfrutar, valorar e aplaudir as nosas autoras universais.
Preme aqui ou sobre a imaxe para ve-las fotos do acto.
As “sensombreiro”-2
Na escolla de libros para a exposición, dividimos entre fondos recomendados para o 1º Ciclo da ESO, nos que entrarían fundamentalmente os fondos de banda deseñada (Vida de nai 1 e 2), e aqueles para o 2º Ciclo (La mujer rebelde, El diario azul de Carlota e O diario vermello de Carlota e Todos deberíamos ser feministas).
Finalmente, para lectores adultos, amosamos ensaios como “La pasión de ser mujer” ou “Las sinsombrero” ou “Claros del bosque” de María Zambrano. E libros de lectura novelada como “El club de los viernes” ou “O club da calceta“.
Coidamos que é unha mostra o suficientemente atractiva para que todo o mundo poida acceder a aquilo que sexa do seu interese.
“One Woman”
Interesante iniciativa a da ONU-Mulleres, unha entidade da ONU para fomenta-la igualdade de xénero, que para conmemora-la data do 8 de marzo conseguiron o apoio de mulleres artistas de diversas nacionalidades de todo mundo para realizar unha canción titulada así: “One woman“. A canción pódese mercar a través de varias canles e os cartos conseguidos serán empregados para mellorar a súa vida. O custe é de só 0’70€.
Podes acceder á máis información, e escoitar a canción, ou mercala, na web de “One Woman“, premendo na imaxe.