Xa imos rematando con tódalas actividades que tiñamos para subir ao blogue e, aínda que imos ás carreiras, xa está aquí a anteúltima actividade.
PoloDía das Letras Galegas, este ano adicado a Carlos Casares, no vestíbulo pódese ver a exposición de fondos, libros e demais. Pero este ano, temos algo especial: o Certame de Microrrelatos organizado polo Departamento de Lingua Galega.
Quedou tan ben, que o xornal da nosa cidade “El Progreso“, ilustrou a conmemoración deste ano con dúas páxinas adicadas cos microrrelatos dos rapaces e rapazas do noso centro dende 1º ESO até 1ºBAC, demostraron a súa vea artística e literaria pois hai relatos mos xeitosos.
Unha das páxinas está ilustrada cunha bonita foto da nosa biblioteca e a outra cun retrato de Diego Piñeiro(de 2ºESO-C) sobre o autor.
Aquí están as dúas páxinas cos relatos e o demais. Se premes na imaxe podes ver o ficheiro pdf en grande para ler os relatos.
Este ano, xa é sabido, o Día das Letras está adicado a Manuel María, poeta de Outeiro de Rei. Nós, para conmemorar o día, levabamos tempo preparando un recitado de poemas del realizado por alumnos e alumnas de 1º e 2º da ESO. Por fin, xa podemos presentar o resultado.
Tamén presentamos un feixe de recursos que se poden empregar na clase ou que se poden ver na rede como complemento. En primeiro lugar, un vídeo realizado polo Equipo da Biblioteca no que se presentan algunhas das súas obras e algúns dos seus versos, que podedes ver de seguido.
A Fundación da Casa Museo Manuel María, ten na súa folla web diversos materiais como son os seguintes (para acceder a eles, hai que premer na palabra):
Tamén o portal da RAG, ten un apartado onde salienta o seu papel como autor e finalmente, un recurso que nos parece moi suxestivo é unha liña do tempo interactiva realizada no IES San Paio, que sen dúbida ha gustarvos.
Finalmente, toda unha morea de recursos, recompliados pola Coordinadora Galega de Equipos de Dinamización e Normalización Lingüística, entre os que destacan o rap realizado por alumnos de Oural, presentacións diversas e unha biografíado autor conmemorado este ano.
EXPOSICIÓN DE MATERIAL BIBLIOGRÁFICO SOBRE MANUEL MARÍA
Estes días pódese visitar no recibidor do centro unha exposición sobre material bibliográfico sobre MANUEL MARÍA organizada polo Departamento de Lingua e Literatura Galega, por mediación do profesor D. Manel Matalobos, en colaboración coa Biblioteca. Proximamente, publicaremos unha reportaxe fotográfica cos fondos expostos máis relevantes.
O vindeiro venres, día 22, contra as 10,25 h. haberá no Salón de Actos un Festival que porá fin á Semana adicada á conmemoración das “Letras Galegas“. Tamén se aproveitará para facer a presentación da Revista Escolar deste ano. Pódese ver o Programa detallado premendo na imaxe.
Nos vindeiros días publicaremos tamén aquí, un exemplar virtual da Revista e un vídeo sobre a grabación do Festival.
No vestíbulo do Centro, despregouse a pancarta que sirve para nos indicar a conmemoración do Día das Letras Galegas, que este ano está adicado a X.V.Filgueira Valverde.
Desta volta, confeccionouse unha Guía de Lecturas para a ocasión, un Díptico sobre o autor homenaxeado e unha listaxe, para os titores e titoras, cun feixe de recursos variados para poder traballalos nas clases ou nas horas de Titoría, dos cales ímovos amosar algún deles.
En primeiro lugar, temos unha vídeo-creación realizada polo obradoiro de Animación “Bicharte” para a Coordinadora Galega de ENDL: “O dia das letras galegas, presume e comparte“
Tamén destacamos este video realizado por AFUNDACION, que depende de ABANCA, á quen lle temos que agradecer que se acorde desta significativa data para facer un anuncio na lingua propia do país. É un fermoso vídeo titulado: “Empápate co galego“.
Os titores e titoras teñen un díptico (adaptado do orixinal do Seminario Galán) e a Guía de lecturas recomendadas para esta data e unha listaxe cun feixe de recursos visuais para proxectar nas clases.a Guía distinguimos entre obras recomendadas para a ESO, entre as que destacan a Triloxía de Dolores Redondo ou a tamén triloxía sobre “o mundo secreto de Basilius Hoffman“.
Para BAC, predominan obras de tipo sociopolítico en consonancia cos tempos electorais nos que andamos. Dende a entrevista a Xavier Vence, até o libro do periodista lugués Anxo Lugilde “De Beiras a Podemos“, que é unha crónica política recente, ou o libro de Antón Baamonde “A derrota de Galicia” ou “Contra a morte das linguas. O caso do galego“, de Miguel Moreiras; obras todas elas que nos chaman á reflexión sobre o momento actual político e tamén lingüístico.
Finalmente, a Guía deste ano está deseñada para que se dobramos polas liñas oblícuas dunha das caras, sáenos unha especie de avión que cando se desprega aparecen as recomendacións de lectura, e cando se dobra, pódese empregar para que as obras dos nosos autores voen polo aire e se difundan.
Pódense acceder ao Díptico e á Guía premendo nas imaxes seguintes.
Para rematar, a particular homenaxe a Rosalía dun grupo de rapazas do noso centro, na que versionean un poema de Rosalía.
Coma tódolos anos, chega o día no que se conmemora a publicación dos “Cantares Gallegos” da nosa poetisa nacional Rosalía de Castro. Este día, o “Día das Letras Galegas“, é un día no que se lembra e celebra a obra dalgunha persoa relevante na lingua. Así este ano tocoulle a Xosé María Díaz Castro. É un autor de escasa pero profunda obra.
Dende a Biblioteca, fixemos unha pequena escolma da gran cantidade de recursos que hai pola rede para podérmolos traballar nas aulas como cada un quixer. Para vela, tan só hai que premer na imaxe.
Igualmente, publicamos a continuación a nosa humilde contribución que consiste no vídeo da charla de Armando Requeixo. É, posiblemente, o maior especialista neste momento sobre o poeta pois foi o protagonista da súa tese de doutoramento. É profesor, crítico literario e ensaísta, e aproveitamos que recén chegaba de América cara a Mondoñedo para pedirlle que fixera unha pequena paradiña no noso centro para nons ofrecer unha charla sobre a figura de Díaz Castro. Na charla, realizada no noso Salón de Actos, estaba pensada para os alumnos da ESO, pero cara ó final, tamén aparecen uns alumnos alemáns que estaban de intercambio e que puideron comprobar in situ o plurilingüismo do noso centro pois eles, soamente, estudan español. Dura algo menos de 50 minutos, pero coidamos que é un documento relevante que se agrega a todo o traballado por outros moitos centros.
Finalmente, se queredes ver a valoración de Armando Requeixo sobre “Nimbos”, no seu blogue “Criticalia”, premede aquí.
Hoxe colocamos, para conmemorar o Día das Letras, unha bonita imaxe realizada por Jeremiah D. Morelli, un profesor alemán nunha escola de Medios e Arte Dixital en Alemaña. Titúlase “O camiño do lector“.
Xa faláramos, noutras ocasións, sobre a feliz coincidencia nos 17 de maio como Día das Letras Galegas e como Día da Internet. Este é un campo fundamental para que a lingua perviva, se ten que pervivir. Por iso, hoxe colocamos esta imaxe publicada en tecnoloxía.org na que se unen esas dúas ideas: galego+internet.