O IES Lucus Augusti conmemora o Día das Letras Galegas 2018 adicado á escritora estremeña María Victoria Moreno (antiga profesora neste centro) con diversos actos.
Comeza cunha exposición adicada a aqueles escritores que foron homenaxeados no seu día con esta distinción para continuar cunha charla de Marilar Aleixandre, membro da Real Academia Galega, sobre a súa obra “A Expedición do Pacífico” e para facer unha semblanza da autora a quen se lle dedica o Día das Letras Galegas.
Estos actos continúan coa exhibición dunha pancarta alusiva ao día especificado así como unha exposición de carteis coa vida e obra da homenaxeada.
Para completar a celebración colócanse carteis con códigos QR polo instituto con información relativa ao Día das Letras Galegas así como da propia María Victoria Moreno.
Paseniñamente, comezan a ir aparecendo actividades para conmemorar o Día das Letras, que este ano está adicado a Manuel María. Así, queremos invitarvos a participar no Concurso de Poesíaque organiza o noso Centro.
Para ve-las bases, non hai máis que premer na foto do autor.
No vestíbulo do Centro, despregouse a pancarta que sirve para nos indicar a conmemoración do Día das Letras Galegas, que este ano está adicado a X.V.Filgueira Valverde.
Desta volta, confeccionouse unha Guía de Lecturas para a ocasión, un Díptico sobre o autor homenaxeado e unha listaxe, para os titores e titoras, cun feixe de recursos variados para poder traballalos nas clases ou nas horas de Titoría, dos cales ímovos amosar algún deles.
En primeiro lugar, temos unha vídeo-creación realizada polo obradoiro de Animación “Bicharte” para a Coordinadora Galega de ENDL: “O dia das letras galegas, presume e comparte“
Tamén destacamos este video realizado por AFUNDACION, que depende de ABANCA, á quen lle temos que agradecer que se acorde desta significativa data para facer un anuncio na lingua propia do país. É un fermoso vídeo titulado: “Empápate co galego“.
Os titores e titoras teñen un díptico (adaptado do orixinal do Seminario Galán) e a Guía de lecturas recomendadas para esta data e unha listaxe cun feixe de recursos visuais para proxectar nas clases.a Guía distinguimos entre obras recomendadas para a ESO, entre as que destacan a Triloxía de Dolores Redondo ou a tamén triloxía sobre “o mundo secreto de Basilius Hoffman“.
Para BAC, predominan obras de tipo sociopolítico en consonancia cos tempos electorais nos que andamos. Dende a entrevista a Xavier Vence, até o libro do periodista lugués Anxo Lugilde “De Beiras a Podemos“, que é unha crónica política recente, ou o libro de Antón Baamonde “A derrota de Galicia” ou “Contra a morte das linguas. O caso do galego“, de Miguel Moreiras; obras todas elas que nos chaman á reflexión sobre o momento actual político e tamén lingüístico.
Finalmente, a Guía deste ano está deseñada para que se dobramos polas liñas oblícuas dunha das caras, sáenos unha especie de avión que cando se desprega aparecen as recomendacións de lectura, e cando se dobra, pódese empregar para que as obras dos nosos autores voen polo aire e se difundan.
Pódense acceder ao Díptico e á Guía premendo nas imaxes seguintes.
Para rematar, a particular homenaxe a Rosalía dun grupo de rapazas do noso centro, na que versionean un poema de Rosalía.
Hai moito tempo que colacamos, na parte inferior, do blogue un banner de apoio á asociación PuntoGal. En xullo do ano pasado, oICANN (o organismo que decide / crea / permite) os dominios da Internet, daba paso á creación do dominio .gal de xeito definitivo e reservaba, nunha primeira fase, un feixe de dominios para institucións. Dende aquela non quedaron quietos, e para conmemorar o Día das Letras xa aparecen un feixe de empresas que ofrecen a contratación do dominio, cunha promoción durante este mes, a metade de prezo.
Hoxe, a Xunta anuncia que, progresivamente, todos os seus dominios iranse trasladando ao .gal de xeito progresivo. Xa hai máis de 2.000 dominios. O do noso IES é un deles.
Por se aínda é necesario, semella que si, argumentar para defende-la lingua, aquí temos un video da autoría de Manuel Núñez Singala e de Manuel Bermúdez Blanco (do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela), no que se refieren ao papel das linguas e ao galego como lingua minoritaria.
Si podemos. Hai ocasións nas que un fracaso sabe a victoria e unha victoria a fracaso. Explicámonos. Hai poucos días, navegando por este oceáno que é a Internet víramos unha inciativa de Juan Estévez Pin, datada en febreiro, que nos chamou a atención. Na web de actuable.es puxera unha petición para que o todo poderoso Google adicara un “doodle” o día 17 para festexar o “Día das Letras”, e dar máis visibilidade á nosa lingua. Claro! Por que non? Isto fora, máis ou menos, o día 1 de maio. Xa levaba máis dun mes cando víramos tal iniciativa e asináramos a carta. Fumos o asinante 2.826, como se pode ver na captura de pantalla da nota anterior.
Comentamos a iniciativa entre compañeiros e na rede do PLAMBE porque o tempo urxía se se quería chegar ás 5.000 sinaturas necesarias para manda-la carta. Lembrade era o día 1 de maio. A comezos desta semana, 10 días máis tarde, a web de actuable.es estivo medio parada ao ser absorbida por change.org, unha web semellante pero maior. Xuntouse todo e pasou o tempo que había para que a petición fora tida en conta pero, mentres tanto, a xente seguía a asinar. En a penas 7 días pasouse de menos de 3.000 a máis de 7.000. É dicir, moitas persoas participaban deste proxecto e vían necesario este tipo de actuación.
Agora que xa pechou o prazo supéranse as 7.000 sinaturas. Máis que suficientes para podelo ter levado a cabo. Para pedir a Google que abra unha fiestra internacional ao galego. Para pedir, incluso, que todos os seus programas poidan ser empregados en galego, en igualdade con outras linguas.
Foi mala sorte, pero habemos ser positivos. O vindeiro 17 de maio, estaremos alerta e contamos con todos vós para non sermos 7.000, senón moitos máis. Ánimo e “mil primaveras máis para a lingua“.
Hai xa uns días na web de actuable.es apareceu unha campaña, creada por Juan Estévez Pin, para recoller sinaturas para solicitar a Google que o 17 de maio, “Día das Letras Galegas“, estableza un “doodle” en conmemoración dese día adicado este ano a Valentín Paz Andrade. Non queda moito tempo, pero para participar tan só hai que premer na ligazón do final deste artigo que nos conducirá á folla web, e da-los nosos datos.
Coma quer que sexa que ese mesmo día 17 de maio é ademais o “Día da Internet“, este semella ser un xeito novidoso e chamativo para que a lingua galega teña unha maior presenza internacional.
Apúntaste? Para ir tan só tes que premer na seguinte imaxe.
A maiores, presentamos un fragmento de vídeo de Youtube, no que Uxío Novoneyra declama, coma se fose o bardo dunha tribo castrexa, un poema titulado “Vietnam canto“. É a súa voz e o seu poema.
Por outra banda, unha asociación de amigos do escritor, presenta unha web onde ademais de información, fotos e diversos documentos, centralizan os actos de homenaxe destes días nos que, como ocorre tantas veces, o apoio oficial “brilla por su ausencia“.
Hoxe, tráigovos unha presentación realizada polo Equipo de Normalización Lingüística do CPI Progreso de Catoira que ten como protagonista a Uxío Novoneyra que, como sabedes é o autor que se conmemora o “Día das Letras”. Visualmente é moi atractivo e curiosos. Que opinas?