Desta volta, temos no vestíbulo unha exposición de libros curiosos coa que conmemoramos esta data. Aquí podemos ver un vídeo. E tamén temos a Guía de lecturas.
Desta volta, temos no vestíbulo unha exposición de libros curiosos coa que conmemoramos esta data. Aquí podemos ver un vídeo. E tamén temos a Guía de lecturas.
Este ano, na data da conmemoración do Día do Libro, presentamos dúas exposicións que se complementan e que podemos ver no vestíbulo. Así temos, realizada polo Departamento de Xeografía e Historia, a exposición de “Profesores-autores do Lucus Augusti” na que podemos ver un feixe de fotografías, unha pequena escolma biográfica e varias obras dalgúns dos persoeiros que foron profesores, historicamente, do Centro. Moitos deles, pola súa antigüidade, serán descoñecidos pero hai outros, que aínda que xa mortos, deixaron unha pegada importante no seu campo de coñecemento como Luciano Penendo, ou Amable Veiga. Porén, todos foron parte da historia do noso centro e relevantes por algún motivo.
Por outra banda, e xa máis centrada co momento actual, quixemos conmemorar o 400 aniversario da segunda parte de “El Quijote”. Así, amósanse un feixe de láminas da obra de “Suso de Marcos“, escultor galego orixinario de Boimorto e que, actualmente, reside en Málaga, e que amablemente nos permitiu empregar as imaxes da súa obra. Presentámolas a carón dun pequeno texto desta segunda parte do Quijote, que é a a clave para a interpretación da lámina. De momento, deixamos o cartel anunciador e un tríptico sobre as láminas. En breve, igual que coa exposición anterior, teremos un vídeo para facer un pequeno percorrido visual polas dúas exposicións.
Aquí temos o tríptico. Premendo sobre a imaxe, xurdirá un .pdf coas láminas da exposición.
Como vén sendo tradicional, no noso Centro lévase a cabo algunha actividade especial para conmemorar o “Día Mundial do Libro“. Este ano, celebrouse un concurso de redacción e un pasarrúas, no noso patio, no que participaron o alumnado de toda a ESO. Algúns, tocaban instrumentos, outros formaban parte do grupo de esforzados ximnastas que crearon cos seus exercicios as letras de C-E-R-V-A-N-T-E-S, outro grupo recitaba e, finalmente, o resto miraba e participaba. Todos ao rematar o acto, aplaudirían ás gañadoras do concurso. Que, si, foron todas rapazas.
Tivemos a sorte de contar como testemuña cun fotógrafo de “El Progreso” que tirou unhas fotos que deron pé a unha pequena noticia cun bonito título: “Letras coas que se crean mundos“.
Foto: El Progreso
Nós tamén temos algunhas fotos do acto pero non tan espectaculares. De tódolos xeitos, velaí as tedes para que, tamén, as desfrutedes e tamén vexades as gañadoras do concurso cos seus premios e con Fernanda, que levou a cabo gran parte do traballo de coordinación dos diferentes Departamentos (grazas especiais a Música e Educación Física).
Outra das actividades realizadas, sobre todo con 3º da ESO, e por grupos foi unha “búsqueda do tesouro” na Biblioteca. A actividade consistía en ter que buscar na biblioteca un exemplar do Quijote, escondido, para o cal había que seguir unha serie de pistas. Tiveron que resolver dende unha sopa de letras, até buscar nos atlas varias localidades ata ir centrándose na obra.
Aquí tedes o resultado gráfico de todo o proceso que, a ratos, provocou un certo grao de excitación. En primeiro lugar, temos a reportaxe fotográfica e, despois tamén, en formato video. Cal vos gusta máis?
Para conmemorar o “Día do Libro” este ano tiramos a casa pola fiestra e organizamos unha serie de actos que tiveron unha importante repercusión tanto dentro do centro como fóra. Así puidemos ver unha foto dun dos actos principais na primeira portada do xornal “El Progreso“. Sen dúbidas, é unha foto ben bonita.
A foto, formaba parte da actividade que denominamos “Chuvia de letras“. Coa colaboración de parte do alumnado de 2º de BAC, aproveitamos libros expurgados da Biblioteca, que estaban rotos ou moi deteriorados e que empregamos para un último fin: creamos unha chuvia de follas, ou de letras con eles, e mesturámolas coa primeira folla de “El Quijote”. Botamos todo iso no vestíbulo do Centro, como se ve na foto, e tivemos un pequeno premio para quen a atopara. Cousa que xa vedes que non debeu ser demasiado doado.
Presetámosvos, de seguido, tanto o carrusel de fotos como unha pequena gravación en video do proceso que nos deixou moi satisfeitos, pois o noso alumnado tamén colaborou, cando rematou a actividade, a recoller as follas e, en poucos minutos, quedo todo en perfecto estado. Non temos máis que palabras de agradecemento a todos os que colaboraron:
GRAZAS.
[kml_flashembed publishmethod=”static” fversion=”8.0.0″ movie=”http://bibliolucus.blogaliza.org/files/2013/05/Chuvia-de-letras.swf” width=”500″ height=”375targetclass=”flashmovie”]
[/kml_flashembed]
Tódolos anos, aló polo 23 de abril celébrase o “Día do Libro“. E, coma case tódolos anos, un dos nosos debuxantes favoritos, con orixes galegas n’A Fonsagrada ademais, amosa a súa particular homenaxe, que hoxe queremos compartir con todos vós. Falamos de Antonio Fraguas “Forges“. Aquí tedes a súa viñeta deste ano.