Día Escolar da Paz (II)

Rematamos xa a Semana adicada ao Día Escolar pola Paz e a Non Violencia, cun feixe de fotografías da exposición de fondos realizada no vestíbulo do noso Centro. Nos expositores aparecían individualizados fondos de Banda Deseñada, de libros e de DVD’s.

Tamén temos unha foto do cartel da exposición e nos paneis están as fotografías do motivo específico deste ano “Mulleres de P@z”.

Advertisement

Presentación de libro

Aproveitando que se achega o Día Escolar pola Paz e a non Violencia, e que este ano no noso centro pretendemos facer un especial sobre as mulleres que tiveron o Premio Nobel da Paz, temos o gusto de informar da presentación, o vindeiro sábado 23, as 19’00, na Libraría Biblos do libro “Machismos: De micro, nada”.

machismo

Como vedes no cartaz de publicidade, é unha obra colectiva a cargo do grupo de traballo Fiadeiras, do Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia, no que se pretende dar visibilidade ao tema dos machismos para sensibilizar e divulgar a mensaxe de que se pretende construír unha sociedade igualitaria e libre. Para que os cambios sexan efectivos primeiro hai que coñecelos a fondo. É por iso, que elas din: MACHISMOS: DE MICRO NADA.