Aprender a pensar…na Biblioteca escolar

Encabezamos esta nota co lema escollido, este ano, na rede de Bibliotecas Escolares para que sirva de motivo durante todo o curso.

Próxima xa a exposición que sobre o lema deste curso, presentamos estes libros como avance.

Son libros divulgativos nos que se repasan as teorías filosóficas máis importantes da historia (existencialismo, racionalismo…), aparecen os autores máis relevantes (Descartes, Platón, Kant…) e nos que aparecen preguntas  que, en ocasións, son de difícil resposta: existen diferentes tipos de verdad?

En breve, presentaremos o vídeo con toda a exposición.

Advertisements

A terra de Ana

A editorial galega Kalandraka vén de pór a venda a última obra de Jostein Gaardner, no seu selo Faktoría K. Este é un noruegués, profesor de Filosofía e de Historia das Ideas nun instituto de Bergen, que conseguiu un gran recoñecemento internacional a mediados dos 90 cando publicou “O mundo de Sofía“. Neste libro, conseguira un enorme éxito na divulgación de ideas filosóficas polo seu tratamento case novelístico, no que un adulto falaba cunha rapaza que formulaba as súas dúbidas e as dúas inquedanzas.

Desta volta, no libro “A Terra de Ana“,  o tratamento é lixeiramente diferente e tamén o tema. Agora o tema non pode ser máis actual pois é o “cambio climático” e a resposta que lle damos como individuos e como sociedade. É un libro interesante, para todo tipo de públicos, e que axudará a que deamos coas claves do problema.

Esta é a sinopse do libro: “Nos seus soños, Anna é quen de albiscar un planeta agonizante no futuro, con moitas especies desaparecidas da face da Terra a causa da contaminación e do cambio climático. Evitar que ese escenario apocalíptico se faga realidade é o seu reto. “

Aquí podes ler un fragmento on-line, e se che gusta o podes coller na Biblioteca.

 

Foro de Filosofía en Lugo

Durante os días 12, 13 e 14 deste mes, na nosa cidade vaise celebrar o III Foro de Filosofía, organizado polo Grupo Doxa coa colaboración do Departamento de Cultura da Deputación de Lugo. Este ano o motivo das conferencias se agrupa no lema “Ética e capitalismo” que resulta moi axeitado considerando as actuais circunstancias económicas e políticas nas que a unha crise económica, que aínda non sabemos se estamos en proceso de saída, engádese unha certa crise social e política, como podemos ver nos últimos procesos xudiciais.

As conferencias, unha cada día, levaranse a cabo no Refectorio do Museo Provincial ás 20’oo. Se queres máis información, sobre os intervintes podes descargar o tríptico de información premendo na imaxe.

 Foro filosofia