17 maio 2012- Día das Letras Galegas

Por se aínda é necesario, semella que si, argumentar para defende-la lingua, aquí temos un video da autoría de Manuel Núñez Singala e de Manuel Bermúdez Blanco (do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela), no que se refieren ao papel das linguas e ao galego como lingua minoritaria.

Que opinas?

Advertisements

24 de febreiro. Día de Rosalía

Rosalía

A proposta do Consello Asesor do Libro, órgano contemplado na Lei do Libro e da Lectura (2006),  marcouse a data do vindeiro 24 de febreiro como o DÍA de ROSALÍA, por ser o 175 aniversario do nacemento da nosa poetisa máis importante. É unha data importante para promover o interese pola nosa literatura e pola nosa lingua, que falta fai. Así, múltiples e variadas agrupacións de todo tipo -concellos, asociacións de escritores, bibliotecas escolares e bibliotecas públicas etc.- organizan diferentes eventos por todo o país.

De todas estas, destaca a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), que anima nesta data a conmemorala mediante o agasallos dun libro en galego e flores. Quen sabe, se cadra comeza a ter pulo e chega a ser unha cita tan relevante coma a do día de San Xurxo para os cataláns.

Tamén o noso Centro fará súa a conmemoración. Así, como se ve no cartel, haberá ás 10’30 unha lectura pública no noso Salón de Actos.