Conferencia: “A muralla cohabitada”

Con motivo da proximidade do “Arde Lucus“, na Librería Biblos, organizan unhas xornadas os vindeiros días 12 e 13 de Xuño, mércores e xoves desta semana, ás 20,15 horas, nas que, collendo como referencia o libro do fotógrafo lucense Xosé Reigosa, que leva por título A Muralla Cohabitada,  durante esas dúas cornadas intervirán diferentes persoeiros vencellados ao mundo cultural e artístico da nosa cidade, todos eles retratados no libro de Reigosa, que fará de moderador da charla-coloquio. Desde diferentes perspectivas e puntos de vista multidisciplinares, presentarán diversas achegas ao significado e a aquilo que representa a Muralla Romana para todos os galegos e, especialmente, para os e as lucenses.

Sen dúbida, unha gran iniciativa da que dende a Biblioteca nos facemos eco e á que invitamos a todos vós.

Advertisements

Conmemoración da Muralla

Vista aérea da Muralla

O vindeiro mércores, a Concellería de Cultura,Turismo e Promoción da Lingua, organizará un acto para conmemorar o XI aniversario da proclamación da Muralla como Patrimono da Humanidade. Así, ese día 30, ás 18’30 horas vaise arrodear a Muralla cunha corda de 2 quilómetros e medio como parte central da celebración que levará como tema “ACórdate da Muralla”. Por suposto a celebración será máis ampla e seguirá con múltiples actos.

Nós tamén queremeos participar dende aquí, apoiando o acto e animando a que participes no que che interese. E esperemos que a coiden -coidemos- un pouco máis entre todos.