Exposición “Pano de fondo”: III

Xa comentáramos como os alumnos e alumnas de 3º de ESO realizaran unha visita, coordinada entre os Departamentos de Lingua Castelá e a Biblioteca foran, á devandita exposición. Para que non quedara en algo puramente pasivo (“pss está ben”,  “si é curiosa”), pensárase en que escolleran unha fotografía calquera (a máis curiosa, ou a máis chamativa) e que realizaran unha pequena composición na que a describisen.

O que presentamos, de seguido, é unha pequena escolma daquelas descricións máis relevantes nas que se pode observar o seu bo facer.  Para velas axeitadamente debes premer na imaxe da portada e, nun anaquiño, terás o libro na túa pantalla. Que cunda o exemplo.

 

Advertisements

Exposición “Pano de fondo”: II

Como o prometido é débeda, aquí temos xa as fotos da exposicións de “Pano de fondo”. Fáltannos tan só as composicións que aínda se están a facer. Que as desfrutedes.

[kml_flashembed publishmethod=”static” fversion=”8.0.0″ movie=”http://bibliolucus.blogaliza.org/files/2012/10/Pano-de-fondo1.swf” width=”500″ height=”400″ targetclass=”flashmovie”]

Get Adobe Flash player

[/kml_flashembed]

Exposición “Pano de fondo”

No Centro Sociocultural de NovaCaixaGalicia estase a celebrar unha exposición de fotografía titulada “Pano de fondo. Achegamento á fotografía de estudio 1880-1960“. Como o nome indica é unha escolma dalgúns dos principais fotógrafos dalgunhas vilas galegas (Laxe, O Porriño, Monforte…) e nas que aparecen ordenadas por temas: vodas, primeiras comuñóns e fotos de escolas, e retratos de persoas da vida rural e urbá desa cronoloxía.

Aproveitando esta oportunidade, desenvolveuse, entre parte do profesorado que comparte as clases de 3º con horas de Biblioteca, unha actividade na que participaron todos os alumnos de 3º da ESO -houbo que facer dúas quendas porque eran moitos- que consistiu en ve-la exposición e escoller a fotografía que máis lle chamara a atención e ter que facer unha pequena exposición argumentativa por escrito sobre o motivo da escolla.

Nestes momentos, estase a desenvolver esta segunda parte da actividade, pero a través das fotos que tedes a continuación pódense observar algúns dos fondos máis relevantes desta nosa historia recente. Dende aquí animávosvos, a todos os que teñades oportunidade, para ir vela porque é moi interesante. Estará aberta en Lugo até o 18 de novembro.

Premendo na imaxe, podes descargar o folleto de man. Nos vindeiros días, xa teremos preparado un pequeno carrusel de fotografías.