A LANTERNA MÁXICA

Para acceder ao CATÁLOGO DE COLECCIÓNS prema aquí, na fotografía ou no menú A LANTERNA MÁXICA situado na parte superior desta páxina
lanterna-maxica

Por ese nome era coñecido o epidiascopio, antecedente do proxector de diapositivas. A imaxe superior corresponde con un dos que posúe o IES LUCUS AUGUSTI; neste caso funcionaba cunha lámpada de aceite. O centro conta tamén cunha colección de arredor de mil placas de cristal (antecedente das diapositivas) empregadas no devandito proxector.
A Biblioteca do instituto, a través da páxina web do centro (www.ieslucus.gal/centros/ieslucusaugusti) e deste blogue da propia biblioteca quere dar a coñecer a dixitalización de tódalas placas. Algunhas están en mal estado pero polo seu interese tamén foron incluídas.
Ao remate das coleccións incluímos un conxunto de negativos e positivos en cristal. Os positivos en tono azulado foron conseguidos coa manipulación en Photoshop para, deste xeito,  poder contempla-la imaxe negativizada.

 
Advertisements

Repercusión da exposición “O ensino polo aspecto”

Pasados xa varios días dende que se presentara a exposición “O ensino polo aspecto“, que está reseñada unhas notas antes, podemos ver hoxe na rede un pequeno artigo no xornal “El Progreso” no que se fai referencia dela. Polo seu interese deixamos aquí a ligazón.

No artigo, destácase o papel didáctico e visual das placas de cristal dende finais do XIX até a década dos 40 do século XX que será cando comezan a aparecer as diapositivas.