Presentación de libro

Os rapaces da Librería Biblos veñen de nos informar do acto que se celebrará alí o vindeiro sábado. Teñen a presentación do último libro do periodista lucense nado en Mosteiro (Pol), Fernando Ónega, que se titula “Juan Carlos I. El rey que pudo reinar.” Trala presentación do libro, abrirase un pequeno coloquio no que o escritor comentará as circunstancias que arrodean ao libro, escrito no momento no que o antigo monarca leva a cabo a abdicación. Sen dúbida será unha interesante xuntanza.

ENCONTRO FERNANDO ONEGA

Advertisement

Presentación de libro

Despois dun días de parón, por causas alleas á organización, como se adoita dicir, voltamos cunha nova interesante. Organizado polo Instituto de Estudos Chairegos de Vilalba, un profesor do noso IES, Xosé Otero Canto, presentará hoxe ás 20’ooh., na Galería Sargadelos o seu novo libro de poesía titulado “Poética da viaxe (12 horas de poesía)“. Este poemario xorde da experiencia a partir da inspiración durante unha longa viaxe na que cruzou a península.

Presentación dun poemario

Facémonos eco aquí -un pouco tarde- dun acto que se celebrou no Salón de Actos do Centro o pasado día 24. Foi a presentación dun libro de poemas de Xosé Luis Vázquez Somoza (profesor, tamén do noso Centro) titulado Nube de seda na lúa. Participaron, tamén, como apoio e homenaxe do autor,  outros profesores do Centro como Xosé Otero Canto e Manuel Celso Matalobos, e un coñecido poeta como Isidro Novo.

Finalmente, amais da lectura de poemas e outras intervencións, o compañeiro Pablo Mourelle Sanmartín, interpretou unhas pezas co acordeón. Velaí tedes unhas imaxes do acto.